User talk:Xograr
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ola Xograr, benvido. Vexo que non sabes como crear unha páxina, para creala ponse título entre corchetes, podes utilizar a túa páxina persoal, se queres [[madrigal]], a páxina que creaches en talk música, xa cha paso eu a madrigal, para calquera dúbida non dubides acudir a calquera colaborador ou na Taberna, saúdos.--Rocastelo 18:04, 29 Xuñ 2005 (UTC)
- Benvido á Galipedia Xograr, é unha ledicia para todos os colaboradores da wikipedia galega contar con compañeiros novos. Espero que disfrutes colaborando connosco. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:37, 29 Xuñ 2005 (UTC)
- Benvido, estas coma na túa casa, lembra que cando poidas edita a tua paxina de usuario, na que nos referencies, que proxectos tes con inste proxecto. Un saudo, xa que non puiden chegar máis cedo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 5 xullo 2005 17:18 (UTC)
[editar] Vivaldi
- Ola, en primeiro lugar dicirche que estás a realizar un gran traballo, para deixar mensaxes aos compañeiros tes que ás páxinas de discusión dos usuarios, para que lles apareza un aviso (se a páxina está arquivada xa non aparece), e para asinar tes que lle dar ao segundo botón pola dereita. No de Vivaldi, oíra diversas teorías que viña polo pelo, polo hábito ou polas dúas cousas (non sei se Vivaldi levaba peluca pero era moi común na época, polo que é posible que só viñera polo hábito, pero eu non o sei), tes idea?, saúdos cordiais.--Rocastelo 5 xullo 2005 18:55 (UTC)
[editar] Categorías de música
Na Galipedia a creación de categorías segue un proceso de discusión para a súa aprobación e levamos un tempo debatindo sobre as categorías de Arte e Cultura, dentro delas estamos redefinindo a categoría Música e as súas ramificacións. Sería interesante contar coa túa opinión, se queres podes engadila ao final da discusión. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:13, 10 xullo 2005 (UTC)
[editar] 20.000 artigos
Ola Xograr. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.
Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:37, 6 decembro 2006 (UTC)