User talk:Xosel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] arte
paréceche se movemos este breve listado terminolóxico sobre arte a unha páxina independente? --Sobreira (parlez) 23:06, 15 xullo 2006 (UTC)
[editar] Eón
Ola, miraches a discusión de "Éon"?--Agremon(contacto) 09:07, 28 setembro 2006 (UTC)
[editar] 20.000 artigos
Ola Xosel. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.
Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:
- Wikipedia:20.000 artigos
- Wikipedia:Xornal da Galipedia
- Wikipedia:Escribe na area
- Blog da Galipedia: Abrirase no momento en que se acaden os 20.000 artigos
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:24, 6 decembro 2006 (UTC)
[editar] As Proteínas
Dise peptídeo? é a primeira vez que o escoito, tampouco me extraña. Por certo, modifiquei o artigo das proteínas, tiña algún erro de fondo...(as proteínas non se clasifican por estructuras!)--Kryser 03:08, 29 decembro 2006 (UTC)