1 Ceres
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
1 Ceres é un planeta anano do Sistema Solar. Descuberto o 1 de xaneiro de 1801 por Giuseppe Piazzi mentres traballaba na compilación dun catálogo estelar foi primeiro considerado un planeta, despois un asteroide e desde o 24 de agosto de 2006 está considerado un planeta anano. Conta cun diámetro de 959,2±4,8 × 932,6±9,0 km e unha superficie de 1.800.000 km²., e é o máis grande asteroide do tradicional cinto de asteroides.
Orixinalmente denominado Ceres Ferdinandea pola figura mitolóxica de Ceres e ao rei Fernando III de Sicilia