Cinto de asteroides
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Cinto de asteroides é unha zona do espazo entre Marte e Xúpiter onde se localiza un gran número de asteroides. O maior deles é 1 Ceres.
É o cinto principal de asteroides, xa que existen concentracións de planetoides en áreas como, por exemplo, o espazo entre Xúpiter e Neptuno, onde se localizan os centauros.
[editar] Orixe
Crese que, durante o primeiro millón de anos da historia do sistema solar, os planetas formáronse por agregación de planetésimos. As colisións sucesivas levaron aos típicos planetas rochosos e aos de núcleo gasoso.
No entanto, nesta zona do sistema, a forte gravidade de Xúpiter imposibilitou as últimas fases, e os planetésimos non conseguiron agruparse nun único planeta. Así, continuaron a orbitar o Sol como antes. Neste sentido, o cinto de asteroides pode ser considerada unha reliquia do sistema solar primitivo, aínda que moitas observacións apunten para unha evolución das condicións físicas, polo que os asteroides non poden ser considerados como obxectos estáticos. Pola contra, crese que os obxectos do cinto de Kuiper sofriron poucas alteracións desde a formación do sistema solar.
[editar] Lista de asteroides identificados
(Lista incompleta)
- 1 Ceres
- 2 Palas
- 3 Xuno
- 4 Vesta
- 5 Astrea
- 6 Hebe
- 7 Iris
- 8 Flora
- 9 Metis
- 10 Hixia
- 11 Parténope
- 12 Vitoria
- 45 Euxenia
- 253 Matilde
- 433 Eros
[editar] Ver tamén
Sistema Solar | |
---|---|
Sol · Mercurio · Venus · Terra · Marte · Ceres · Xúpiter · Saturno · Urano · Neptuno · Plutón · Eris |
|
Cinto de asteroides | Cinto de Kuiper | Nube de Oort |