Acetona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A acetona (CH3(CO)CH3) é un líquido incoloro e volátil, de cheiro forte e sabor parecido á menta. Obtense comercialmente por condensación de benceno co propeno. Disolve as graxas, as resinas, o alcanfor e certos gases. Emprégase na fabricación do cloroformo, da pólvora sen fume, películas, fío, esmalte para unllas, drogas e vernices. Está presente dos ouriños dos diabéticos, nas perturbacións hepáticas dos nenos e nos casos de inanición.