Afroamericano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Afroamericano, ou negroamericano ou simplemente negro é un grupo étnico dos Estados Unidos, nos que os seus antepasados viñeron da África Negra de forma forzada para traballar como escravos nas plantacións dos estados do sur ou empregados no servizo doméstico a partir do século XVII e en especial no XVIII. Moitos afroamericanos teñen tamén sangue europeo ou amerindio.
Segundo o censo de 2003 hai 37.100.000 afroamericanos, o que representa o 12'9% da poboación norteamericana. Aproximadamente un 55% vive nos estados do sur, aínda que é Nova York onde se atopa a maior concentración, con 2.000.000 de afroamericanos.