Alfa Romeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alfa Romeo é unha marca italiana de automóbiles, fundada en 1910 en Milán. Orixinariamente a empresa chamábase A.L.F.A., acrónimo de Anónima Lombarda Fabbrica Automobili, pero cando no 1915 se puxo á fronte o enxeñeiro napolitano Nicola Romeo, cambiou polo actual Alfa-Romeo.
Os automóviles Alfa sempre foron moi famosos polo seu elegante deseño e as súas prestacións, sobre todo nos segmentos de Gran Turismo e Deportivos. A pesar de todo a compañía non se viu libre de problemas financeiros en diversas épocas, tendo que incorporarse finalmente no ano 1987 ao todopoderoso grupo turinés da FIAT, como xa o fixeran outras marcas históricas italianas, Ferrari, Maserati ou Lancia.
[editar] Ligazóns externas
- Alfa Romeo photos (en inglés)