User talk:Ambiorix
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benvido/a á Galipedia Ambiorix: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe
-
- Wikisource para textos orixinais,
- o Galizionario para entradas de dicionario,
- Galicitas para citas textuais e
- Galilibros para a publicación de libros.
- Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.
Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 10:39, 29 agosto 2006 (UTC)
Para contactar comigo |
Para contactar comigo, fai click na |
--Lmbuga Commons - Galipedia 10:38, 29 agosto 2006 (UTC)
[editar] Image:DSCN2085.JPG
Ola Ambiorix, grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.
Paso a explicarche os datos que fan falla e como incorporalos
¿Que debes indicar?
De onde procede a imaxe
-
-
- Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (ligazón) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en devandita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial. Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor.
-
-
-
- se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente (escribe elaboración propia, eu son o autor...). Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos (Tes máis información en Commons:Obras derivadas) e non se pode subir á Galipedia.
-
-
-
- se a copiaches doutra Wikipedia, coloca un enlace exacto á páxina da imaxe orixinal. Non abonda con dicir que a imaxe se tomou doutra Wikipedia; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.
-
¿Cal é a licenza da imaxe?
-
-
- Se ti fixeches a imaxe, e non é unha obras derivadas, debes utilizar unha das admitidas e expresadas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe, por exemplo {{GFDL-propia}} ou {{PD-propia}}.
-
-
- Se é unha obra derivada doutra imaxe ou foto, é posible que teñas que poñer a mesma licenza que tiña a imaxe orixinal.
-
-
- No caso de que sexa copiada dalgún sitio, debes poñer a licenza que nese sitio tiña. Se non sabes a licenza que ten no lugar orixinal, pregúntame indicándome a orixe.
-
Todas as imaxes que se soben á Galipedia e a Commons deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Pero hai máis matices, por iso é polo que hai varias posibles licenzas. A licenza {{PD}} coloca a imaxe no dominio público sen restricciones. En poucas palabras, a licenza {{GFDL}} obriga a que, se se utiliza a imaxe se nomeen os datos que esta ten (autor, lugar de onde se obtivo,...).
¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?
-
-
- Accede ás túas fotos.
-
-
-
- Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
-
-
-
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses ({{PD}},...)
- Garda a páxina
-
¿Como indicalo cando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na cal podes escribir que pon Descrición. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto
A cousa como ves non é doada. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 22:20, 29 agosto 2006 (UTC)
- Por outra banda, cando subas unha foto, procura -agradecémoscho- poñerlle un título que indique de que vai a foto. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:20, 29 agosto 2006 (UTC)
- Por certo, coloquei en Taragoña, Rianxo un marcador ({{Atención}})que poderás ver ó acceder ó artigo. Non penses que o traballo que estás facendo é incorrecto, nin moito menos. Púxeno só porque creo que xa hai información suficiente como para intentar estruturala e compor algún apartado. Eu non son quen de facelo por non coñecer ben a zona, inda que veraneei moitos anos en Barraña. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:48, 29 agosto 2006 (UTC)
- Retirei o marcador de Taragoña, Rianxo. Fixeches bo traballo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:35, 30 agosto 2006 (UTC)
[editar] Image:Os cangrexeiros.gif
Á imaxe Image:Os cangrexeiros.gif fáltalle a orixe. Cando menos é precisa unha explicación de por que é {{PD}}. Se ese grupo ten algún disco publicado esa imaxe ten copyright e non está, agás que no disco se diga o contrario, no dominio libre.
Non entendas as observacións que che poida facer como reproches. Estalo a facer ben, o que ocorre é que por desgraza as cousas son complicadas e non precisamente porque nós desexemos que sexan así. Subir á Galipedia imaxes con copyright pon en entredito o proxecto pois hai demasiados intereses que non desexan que a cultura pertenza ó dominio libre. Temos que ser coidadosos, de aí que as normas ás veces sexan bastante estritas. Grazas pola túa colaboración. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:41, 30 agosto 2006 (UTC)
[editar] Cadros de Castelao
Non son un especialista en leis e dereitos de autor nin moito menos, polo que me podería confundir. Os cadros de Castelao non poderán subirse á Galipedia por non estar no dominio libre ata o 1 de xaneiro de 2021 (70 anos despois do 1 de xaneiro seguinte ó ano da norte do autor). Subilos sería unha violación dos dereitos de autor que podería pór en entredito o proxecto (wikipedias, Commons,...), e é que temos que ter ollo pois hai demasiados intereses que pretenden que a cultura non estea no dominio libre. Ser estritos coas imaxes é fundamental para que o proxecto non poida ser cuestionado publicamente.
É moi difícil encontrar nunha páxina web unha imaxe que se poida subir. Para que unha imaxe se poida subir, ten que estar especificado na páxina web que a imaxe está no dominio libre e que se permiten as obras derivadas e o uso comercial (a non ser que a imaxe sexa antiquísima). Se non se permite isto (o cal na práctica supón que nesa páxina web apareza xa a licenza que lles hai que poñer) non se pode subir.
As wikipedias aliméntanse sobre todo das fotos realizadas polos usuarios, se ben, aí tamén hai restricións, pois hai que ter ollo coas obras derivadas.
Se desexas algunha imaxe de Castelao podes mirar na seguinte páxina de Commons, Commons:Category:Galician writers, hai dúas fotos de estatuas de Castelao realizadas por min. As imaxes de Commons utilízanse tal cal as que se soben á Galipedia (wikipedia galega)
Perdoa se che digo cousas que xa sabes, pero máis vale dicir de máis ca de menos. Non dubides en contactar comigo en casos coma este. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:24, 31 agosto 2006 (UTC)
[editar] Ligazóns
Todo o referente á edición básica de artigos vénche explicado en Wikipedia:Como editar unha páxina. Explícocho de tódolos xeitos con outras palabras.
-
- Ligazón normal: Abonda con poñer a palabra entre dobres corchetes [[ligazón]], por exemplo Islam ( [[Islam]] )
- Ligazón plurais e derivados: musulmáns ([[musulmán]]s).
- Ligazón con outra denominación: a relixión mahometana ( [[Islam|relixión mahometana]] ).
Ligazóns a unha imaxe (para máis información Wikipedia:Como engadir imaxes)
- Se queres que apareza a imaxe: [[Image:Título da imaxe]]
- Se queres que só apareza unha ligazón á imaxe hai que engadir ":" --> [[:Image:Título da imaxe]], por exemplo Image:Felicidade A very happy boy.jpg.
Se non tes algo claro, dimo. --Lmbuga Commons - Galipedia 12:42, 31 agosto 2006 (UTC)
- Por certo, convén, cando escribas unha mensaxe a outro usuario, que ó final asines. Para asinar fai click no penúltimo botón que está encima e á esquerda da caixa en que escribes (ten unha sinatura como debuxo). Inda que non asines, dáse sabido quen es grazas á pestana historial (está na parte superior de tódalas páxinas), pois nela quedan recollidos tódolos cambios e colaboracións. --Lmbuga Commons - Galipedia 12:45, 31 agosto 2006 (UTC)
[editar] Re:Sobre imaxes
Os debuxos que me dis son de autores de fai catrocentos anos, logo están no dominio público. Agora ben, as fotos deses debuxos poderían ter copyright. Se son feitas por ti non hai problema. Se son feitas por outro hai que reparar en se son copias exactas ou obras derivadas. Unha copia exacta dunha obra, non xera por si mesma un novo copyright (a copia exacta segue estando no dominio público), unha obra derivada si dá lugar a novos dereitos. Hai información sobre isto en Commons:Obras derivadas (repara no texto do pé da imaxe).
A cuestión está en dilucidar se as fotos non son sempre obras derivadas. Polo texto do pé da imaxe que che dixen antes e pola súa licenza, entendo que si. De feito, se a foto é realizada por ti, podes marcala con calquera licenza ({{PD-propia}}, {{GFDL-propia}}), a licenza {{PD-old}} emprégase cando o fotógrafo morreu fai máis de 70 anos, non cando o obxecto da foto é moi antigo.
De tódolos xeitos, é a primeira vez que fago estes razoamentos, polo que vou pedir outra opinión. A cousa é asegurar que non estea confundido.
Por outra banda, as imaxes dos xornais, agás que pasasen máis de 70 anos da morte do fotógrafo ou que se saiba que proceden do dominio libre e se poida poñer de onde o xornal as quitou, non se poden subir. Para poder subir calquera foto, alí de onde a recollas tes que encontrar a licenza con que podes subila ou os datos permítense obras derivadas e uso comercial. Se non aparecen eses datos non se poden subir.--Lmbuga Commons - Galipedia 13:46, 3 setembro 2006 (UTC)
- Preguntei e busquei máis información.
Podes subir as fotos dos debuxos de fai 400 anos sempre que sexan réplicas exactas dos orixinais (en caso de ser obras derivadas, con variacións feitas por terceiros, teñen copyright).
O motivo débese a que, segundo pon en Commons:Obras derivadas, a fotografía dunha obra bidimensional é unha copia exacta e non xera novos dereitos de autor (as fotografías de obras tridimensionais son obras derivadas e teñen novo copyright):
as pinturas que estean no dominio público xeralmente si están permitidas (vexa Commons:Licensing). Tamén pode usar escaneados doutros sitios web - non teñen copyright mentres non amosen o marco
Ollo logo con que os debuxos non teñan marco.
Outra cousa, a esas imaxes non é preciso que lles poñas a orixe de onde proceden, precisamente por ser bidimensionais.
Outra cousa diferente, marquei con {{Atención}} a páxina Quempallou. O marcador ten un enlace que pon Artigos con problemas. Ó final desa páxina escribín os motivos: É un artigo válido agás polo punto de vista. Non é neutral. A actitude implica valoración. Precisa ser reformulado.
Non vexas nesta miña acción unha crítica persoal. O traballo que estas desenvolvendo é sumamente valioso. Se ti mesmo queres reformular o artigo, faino e retira o marcador. Se o prefires, xa o fará outro. Xa sabes que podes contar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:42, 3 setembro 2006 (UTC)
[editar] Quempallou
Non te preocupes, o artigo está ben, só hai que matizar o estilo. É unha cuestión de estilo. No estilo hai que buscar unha certa neutralidade e non facer valoracións. O inicio do artigo non é propio dunha enciclopedia. Inda que sería moi correcto nun blog e mesmo nalgún tipo de artigo periodístico. O artigo pon:
-
- Quempallou, aparece na escea musical galega un feliz día aló pola primavera do 1999, dando avante a un proxecto cargado de ilusións, e que xa ten dado moitas satisfaccións ós seus compoñentes. Estes seis mozos de Bueu (O Morrazo) e máis dous do Incio (montaña lucense), levan xa andado polas catro provincias galegas, asemade de ter percorrido boa parte do noso país irmán Portugal.
Eu poñería algo así coma isto:
Quizais non che pareza ben, pero deste xeito non se pode entender que entre o que escribe o artigo (ti) e o grupo musical haxa unha proximidade afectiva que poña en entredito a verosimilitude do artigo e, con el, doutros artigos da wikipedia.
Resulta fundamental para non restar validez ó proxecto da wikipedia esforzármonos por ser neutrais. A posible falta de neutralidade pode vir dada polo uso dun adxectivo: feliz día ou pode ter maior dificultade por ser un tema controvertido. Debemos manter un punto de vista neutral, e un punto de vista neutral require que os feitos deban de ser presentados no canto de afirmados ou valorados.
Se queres seguir falando da cuestión, coméntame o que desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:05, 4 setembro 2006 (UTC)
- Ola Ambiorix. Grazas de novo polas túas contribucións. Quiteille ó artigo Quempallou a etiqueta {{Atención}}, xa non me parece necesaria. Ó artigo só lle faltaba unha pequena cousa que eu mesmo fixen: clasificalo nunha categoría. As categorías son unha especie de carpetas en que se recollen artigos sobre un tema concreto. Tódolos artigos deberían estar clasificados nunha ou varias categorías (quizais xa o soubeses).
Grazas ó engadido ó final do artigo da etiqueta [[Category:Grupos musicais]] encontrarás o artigo Quempallou en Category:Grupos musicais. Ademais, ó clasificalo, aparece ó final do artigo a secuencia Categorías: Grupos musicais. Se fas click aí, en Grupos musicais, accedes á categoría.
Se algunha vez non sabes onde clasificar un artigo podes escribir a etiqueta [[Category:Pendente categoría]]. Dese xeito o artigo pasa a estar na categoría (carpeta) Category:Pendente categoría e quen saiba clasificalo poderá localizalo doadamente para o facer. Lembra que se tes algunha dúbida ou comentario podes contar comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 5 setembro 2006 (UTC)
[editar] Homónimos
En Avión (homónimos) xa podes ver un dos xeitos de facelo. Na primeira liña do artigo Avión puxen unha indicación como poderás ver para que se se buscan outros significados se vaia a Avión (homónimos). Un cordial saúdo --213.60.69.223 21:30, 7 setembro 2006 (UTC)
[editar] Non me parece mal
Non me parece mal, nin moito menos. Corríxeme sempre que o vexas adecuado, son humano, probablemente máis humano ca ninguén se temos en conta o número de veces que me confundo. Fai un momento reparei en que utilizaras esa mesma imaxe que quitaches (pareceume a mesma) noutro artigo, polo que che ía preguntar se estaba mal, pero xa te adiantaches ti. Grazas.
Por certo, para asinar, tes varias alternativas. Escribir [[Ambiorix]] é incorrecto pois esa ligazón non leva á túa páxina de usuario. O máis cómodo é que fagas click no penúltimo botón da barra de botóns que hai enriba da caixa en que se escribe (ten unha sinatura por debuxo). O facer click nel, aparecen estes signos --~~~~. Eses signos, ó gardar, convértense na túa sinatura.
Se prefires facelo manualmente (algo máis incómodo) podes escribir [[User talk:Ambiorix]] ou [[User:Ambiorix]]. Esas ligazóns si levan á túa páxina de usuario, se ben inda non escribiches nada en User:Ambiorix. Aí podes poñer os datos relativos a ti que desexes. Podes fixarte nas páxinas doutros usuarios. A miña é User:Lmbuga. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:55, 9 setembro 2006 (UTC)
[editar] Imaxes de Commons
Ola Ambiorix. É unha cuestión menor a que che vou comentar pero quizais esteas pasando traballo de máis. Acabo de borrar unha imaxe que ti subiches porque é innecesaria. Esa mesma imaxe está en Commons co mesmo nome. As imaxes de Commons podes usalas coma se tivesen sido subidas á Galipedia, non fai falla que as volvas subir. Se vas ó artigo Gloster Meteor verás que a imaxe Image:77 Sqn (AWM JK1025).jpg continúa estando inda que a borrei da Galipedia; débese a que agora aparece a de Commons. Fai click na imaxe e verás como se referencia que a imaxe é de Commons.
Xa sabes que me tes á túa disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:16, 24 setembro 2006 (UTC)
[editar] Saúdo de Benvida
Semella que chego un pouco tarde para darche a benvida, aínda así non quería deixar de facelo. Grazas por colaborar connosco. --Prevert(talk) 10:23, 3 outubro 2006 (UTC)
[editar] 20.000 artigos
Ola Ambiorix. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:33, 6 decembro 2006 (UTC)
[editar] Image:Castelo Lúa.jpg
Síntoo. Tiven que borrar esa foto por ter dereitos do autor. O libro do que procede é de 1928. As imaxes están no dominio público 70 anos despois do un de xaneiro seguinte á morte do fotógrafo (non da data de publicación). Teño na casa unha colección de imaxes do antiago de 1917-30 (de Ksado) que non estarán no dominio público ata -creo- o 2047. Teremos que procurar outro xeito de dar con imaxes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:13, 7 decembro 2006 (UTC)
[editar] Freixo
Creo que es ti quen se dirixiu a min en Commons dicindo Olá, mira fixen o artigo da arbore "freixo", pero estiven mirando outros artigos de botánica e teñen un recadro que non fun quen de copiar para poñe-lo na Galikipedia, se me explicaras como face-lo.
Por favor, dime que outro artigo ten ese recadro e que pon no recadro ou para que vale, así darei con el. O artigo Freixo está moi moi ben.
Agradeceríache ademais que se tratas comigo asuntos da Galipedia, escribises na miña páxina de discusión da Galipedia, non na de Commons (na miña sinatura tes acceso ás dúas páxinas). Cando escribes na de Commons (arquivo que ten 1 millón de imaxes que se poden empregar na Galipedia coma se estivesen subidas á Galipedia), como non estás rexistrado, non sei se es ti quen me fala. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:30, 15 decembro 2006 (UTC)
[editar] Image:DSCN2382.JPG
Esqueceras a licenza da imaxe ({{PD-propia}}), xa a engadín eu, e reescribín os datos da imaxe para que se visualicen correctamente. Se editas a imaxe, poderás copialos para poñer unha estrutura igual noutra.
Outra cousa que non che dixera aínda. Os títulos das imaxes deben ser expresivos, indicar de que vai a imaxe. Non son adecuados títulos como DSCN2382.
Non te preocupes por se non fas as cousas perfectas, xa as irás facendo pouco e pouco. Polo que a min respecta, estou encantado coa túa valiosa colaboración. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:44, 15 decembro 2006 (UTC)
[editar] Aviación
Saúdos Ambiorix. Vexo que estás a facer artigos sobre aviación. A min é un tema que tamén me gusta e traducín algúns artigos de avións, aeroliñas e fabricantes. Onte creei unha ficha para os avións (Template:Ficha aeronave) e talvez te sexa útil. De todas formas se ves que algo está mal es libre de cambialo, e se precisas algunha axuda sobre algunha cousa relacionada con este tema na medida que poida intentarei axudarte. Beninho 20:42, 20 decembro 2006 (UTC)
- Con respecto ao das imaxes creo que Prevert xa te está a contestar. Con respecto á ficha é sinxelo, so tes que copiar o que hai no cadro e despois vas enchendo os datos que correspondan. Beninho 21:04, 20 decembro 2006 (UTC)
[editar] Resposta ás preguntas que lle fixeches a Lmbuga
Hoxe Lmbuga é pouco probable que pase pola Galipedia, por iso vouche contestar eu. Sobre Avión, o criterio é darlle prioridade aos concellos por iso para acceder aos homónimos hai que seguir o enlace Avión (homónimos) que está na parte superior da páxina. O da foto do libro é unha obra derivada, iso significa que se a imaxe non é unha imaxe libre non podes usala sen a autorización do autor, porque este retén os dereitos orixinais. En Commons temos un artigo en galego sobre as obras derivadas que engade moita máis información. En canto a imaxe da Wikipedia inglesa, para que puidera verse aquí habería que cargala na Galipedia. Só as imaxes de Commons (o repositorio común de imaxes) poden incluírse sen necesidade de cargalas. No caso da imaxe que citas, a licenza non é compatible coa Galipedia polo tanto non pode cargarse aquí. Non é compatible porque ten unha serie de restricións de uso que impiden facer obras derivadas e uso comercial. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:12, 20 decembro 2006 (UTC)
[editar] Obras derivadas e máis
Ola Ambiorix
Sobre o da foto dunha foto dun libro: (Información en Wikipedia:Política de uso de imaxes#Obras derivadas e en Commons:Commons:Obras derivadas). Os libros teñen copyright e as fotos presentes neles tamén o teñen. Deixan de telo o 1 de xaneiro seguinte a 70 anos despois da morte do autor. Se ti fas unha foto dunha foto, ou mesmo unha variación sobre unha foto, os dereitos de autor orixinais continúan existindo e a foto non se pode publicar. Agora ben, é posible que nun libro apareza unha imaxe que está no dominio público. Soe ocorrer con obras bidimensionais (pinturas). Unha foto dun cadro dun pintor que morreu no XIX que sexa fiel ó orixinal pode marcarse con licenza {{PD-antiga}} e abonda con indicar os datos do pintor (data da morte), non hai que poñer a orixe (ollo, non pode aparecer o marco)
Pola tarde continúo coa resposta, agora xa non podo. --Lmbuga Commons - Galipedia 09:43, 21 decembro 2006 (UTC)
- Non me dera conta de que xa che respondera Prevert. Se tes algunha dúbida faimo saber--Lmbuga Commons - Galipedia 16:18, 21 decembro 2006 (UTC)
[editar] Image:Harrier gr3 over belize.jpg
Púxenlle unha nota a esa imaxe porque semella que na Wikipedia en inglés non está marcada correctamente. Se a imaxe fose GFDL podería cargarse na Galipedia sen problemas pero polo que vin o usuario que a cargou alí asígnoulle esa licenza sen ser unha imaxe propia e non engadiu ningunha autorización do autor. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:46, 21 decembro 2006 (UTC)
[editar] Image:Cruceiro1.JPG
Esqueciches incorporarlle a licenza a esta imaxe. Coloqueilla eu conforme os datos que indicaras. Puxen {{PD-propia}}.
Por outra banda, non entendo o motivo polo que sobes a imaxe Image:Cruceiro.JPG, é case idéntica en tamaño a Image:Cruceiro1.JPG, só que ten moito espazo en branco. Se pretendías ampliala, non o fixeches. ¿Borrareina? ¿É utilizable? Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:16, 22 decembro 2006 (UTC)
[editar] Dúbidas - remato mensaxe anterior
Hai dous tipos de páxinas de homónimos. Nalgunhas páxinas, en concreto e entre outras nas de localidades de Galicia, optouse por considerar como principal a páxina da localidade e desde ela chamar ás demais tal e como está nesa páxina (Avión). As que se presentan así teñen a páxina de homónimos cun título que presenta a mesma estrutura ca Avión (homónimos).
Noutras páxinas, en cambio, colócase a etiqueta {{homónimos}} na parte superior de xeito que accedes a unha páxina ó estilo de A Nosa Terra.
O feito de que estea iso así débese a unha decisión tomada antes de me incorporar eu á Galipedia. Se entendes que o procedemento é incorrecto, o ideal é que te expreses na Taberna. A min nunca se me ocorrera cuestionalo e non o vexo moi problemático. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:18, 23 decembro 2006 (UTC)
[editar] Imaxe sen licenza
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:DSCN2590.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.
Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.
A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.
Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)
Lmbuga Commons - Galipedia 19:47, 1 xaneiro 2007 (UTC)
[editar] Imaxe sen licenza
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Cruceiro.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.
Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.
A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.
Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)