Arao dos cons
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arao dos cons | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Uria aalge | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O arao dos cons (Uria aalge) é unha ave palmípede.
Os exemplares adultos acadan os 38-46 cm de altura e 61-73 cm de envergadura, de plumaxe negra co peito e ventre brancos, co peteiro en forma de puñal, algúns exemplares presentan unha lixeira liña ocular branca. O seu hábitat son as illas, cons e cantís das costas do Atlántico norte (chegando polo sur ata Nova Brunswick e Portugal) e Pacífico norte (chegando polo sur ata California), cría formando grandes colonias e deixan os seus ovos nas rochas espidas, teñen forma piriforme para que, de sufriren un golpe rolen en círculo e non sobre o seu eixo. Algúns residen permanentemente, os situados máis ao norte migran ao sur, aliméntanse principalmente de peixe, compleméntandoo con crustáceos, vermes mariños e luras.
En Galicia cría en pequena cantidades nas Illas Sisargas, Cabo Vilán e Illa de Ons. En 1986 había 43 parellas e en 1998 só quedaban 7 parellas, as causas da situación precaria do arao dos cons son a caza e colleita de ovos polos humanos, algunhas artes de pesca que fan que as aves queden enganchadas nas redes, a contaminación por produtos petroleiros.