Asubiote
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O asubiote (Ocimum basilicum) é unha planta da familia das lamiáceas.
Cultivada para aromaticar e para condimentar, é unha planta pequena (20-60 cm), con follas verdes e oblongas de entre 1'5 e 5 cm. O asubiote é moi sensible ás xiadas. Moi usada na cociña mediterránea, en pequenas cantidades, xa que pode ser velenoso de consumirmos moita cantidade. É a base do pesto, o famoso prebe italiano de orixe xenovesa.