Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O australopithecus africanus é unha especie homínida do xénero Austrolopithecus cunha antigüídade de entre 3'3 e 2'5 millóns de anos, no Plioceno. O A africanus estaba máis evolucionado ca o Australophitecus afarensis, cun cranio máis arrondeado e semellante ao humano, e o cerebro máis grande en realción ao tamaño do corpo.
O nome deullo Raymond Dart ao describir o Neno de Taung en 1924, o primeiro fósil austolopithecino que se atopou, aínda que foi rexeitado nun primeiro momento pola comunidade científica. En 1936 Robert Broom descobre en Sterkfontein o segundo fósil da especie, Broom continúa as excavacións en Sterkfontein ata 1947, ano no que se descubre o fósil coñecido como Mrs Ples, un esquelete case completo dun A. africanus macho, o que corroborou as investigacións de Dart. A maioría dos fósiles de A. africanus atopáronse en Sudáfrica, cuns poucos restos en Koobi Fora e outros lugares de África.
Os australopithecus africanus eran bípedes, pero tamén podían abalarse entre as árbores, e aínda que podían empregar esporadicamente útiles, non eran cazadores. O seu peso estímase entre 30 e 60 kg e a altura en 1'5 m