Beirut
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Beirut (en árabe بيروت Bayrūt) é a capital, cidade principal e maior porto do Líbano. Algunhas veces é chamada por seu nome en francés, Beyrouth. A cidade ten unha poboación de 1,8 millón de persoas na propia cidade e 2,1 millóns de persoas na súa rexión metropolitana. O seu nome é de orixe fenícia, Bêrūt, que significa "as murallas".
É o principal centro de comercio da rexión e algunhas veces foi chamada de a París do Leste, por sua atmosfera cosmopolita, anterior à guerra civil libanesa. Beirut pasou pola maior reconstrución dos anos recentes e irá hospedar os Xogos Francófonos (Jeux de la Francophonie) en 2009.