Biosfera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Biosfera é a parte dun planeta ocupada polos seres vivos; xeralmente, a expresión refírese ao conxunto de todos os ecosistemas da Terra.
É un concepto da ecoloxía, relacionado cos conceptos de litosfera, hidrosfera e atmosfera. Incluense na biosfera todos os organismos vivos que viven nun determinado planeta, aínda que o concepto sexa comummente alargado para Incluír tamén os seus hábitats, pasando a biosfera a ser tratada como un conxunto de ecosistemas, e englobando así toda a zona habitábel dun planeta.