Black Sabbath
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Black Sabbath é unha banda inglesa, unha das fundadoras do heavy metal. A formación orixinal contaba con Ozzy Osbourne como cantante, Tony Iommi na guitarra, Terence "Geezer" Butler no baixo e Bill Ward na batería.
Formouse en Birmingham a finais dos anos 1960s co nome de Polka Tulk Blues Band (ben axiña quedou en só Polka Tulk), e máis tarde Earth. Ao primeiro unha banda de blues-rock, Earth moveuse nunha direción máis escura cando Geezer Butler, un fan das novelas de maxia negra de Dennis Wheatley, escribiu unha canción cun tema ocultista chamada Black Sabbath (aparentemente inspirada no filme de Boris Karloff de 1963). Cando a banda viu que a confundían con outra banda local tamén chamada Earth, adoptaron o título da canción como o seu novo nome.
Black Sabbath comezou a tocar temas con letras máis escuras e cun estilo máis lento e ameazador ata converterse nunha das bandas clásicas do heavy metal.
[editar] Historia
Formada en Birmingham, Inglaterra, en 1968, a banda Black Sabbath foi a pioneira no lanzamento das bases do nacente Heavy Metal que asaltou ó Rock nos anos 70 e 80. A maneira violenta de tocar, e as súas letras sanguinarias, machistas, místicas e ante todo sinceiras coa realidade do mundo tomaronse coma modelo para numerosos grupos futuros. En 1969 entraron no estúdio para gravar o seu primeiro disco. O álbum Black Sabbath chegou ós Top Ten británicos, onde permaneceu por tres meses e conseguiu para a banda un grupo de fans fervorosos en ámbolos lados do Atlántico. Un gran salto para a banda ocurreu coa gravación de Paranoid, un álbum pioneiro de Hard Rock (fundamental para a creación do Heavy Metal posterior). Contando cós riffs cortantes de guitarra de Iommi, e as vocales sinistras de Ozzy e o ritmo de Butler e Ward, Paranoid alcanzou unha mellor posicion nas paradas inglesas e chegou a unha similar en América onde permaneceu por máis dun ano, gañando disco de platino.
Master of Reality, o terceiro álbum de Black Sabbath, foi lanzado en agosto de 1971. Entre outras cancións estaban algunhas que se volveron marcas rexistradas da banda, coma Children of the Grave ou Sweet Leaf. Black Sabbath gravou un álbum chamado Vol. 4 no início de 1972 en Record Plant, en Los Angeles. Soando poderosas cancións coma Supernaut e Under The Sun, o álbum revelaría un lado completamente descoñecido da banda, con temas melódicos, coidadosamente escritos e tocados coma Cornucopia e a instigante Laguna Sunrise, unha composición instrumental que tornaría un lugar especial dentro do repertorio da banda. Considerado un dos clásicos do Hard Rock, o álbum de 1973, Sabbath, Bloody Sabbath, gañouse o visto bo da crítica. Temas coma Killing Yourself to Live, Looking For Today, títulos que introducen a un grupo de letras máis amplias e multifacéticas. Producido, composto e gravado pola banda, Sabbath Bloody Sabbath foi un punto alto na longa carreira da banda. Cando Sabotage, sexto disco de Black Sabbath, foi lanzado en 1975, estaba máis que comprobada a calidade da banda, e tamén era obvio o talento para compoñer dentro do simple estilo que marcou á banda (por algúns tildada de mediocre). En 1976 publican We Sold Our Soul For Rock and Roll, disco recopilatorio da primeira etapa da banda que para moitos foi irrepetible xa que logo introducirianse de cheo no son máis puramente Heavy.
O mesmo ano publican un novo disco "Technical Ecstasy" que é un dos máis inventivos e orixinais álbums de estudio de Black Sabbath. Tres composicións típicas da banda, coma Back Street Kids, Gypsy, Rock 'N' Roll Doctor e a principal do LP, Dirty Women. Neste albúm comeza a decadencia do grupo, dúas cancións (Dirty women e It´s alright) son cantadas por Bill Ward Sendo o oitavo álbum de estúdio dunha carreira que se extende por case tres décadas, o lanzamento de 1978, Never Say Die, trae algunhas das máis memorables letras (para os auténticos Heavys). Never Say Die captura toda a forza da formación orixinal aínda así a canción Swinging the Chain volve ser cantada por Bill Ward xa que Ozzy a rechaza. Foi o último álbum con Ozzy ó frente de Sabbath. Incluiu temas coma Johnny Blade, Breakout, Shock Wave todas tocadas dentro do repertorio da banda en vivo.
En 1979 Ozzy Osbourne foi sustituído por Ronnie James Dio, un americano que participara no grupo Elf e formou parte da banda Raimbow de Ritchie Blackmore. Foi o primeiro cambio dentro da formación do grupo en máis dunha década. Heaven and Hell foi o primeiro álbum có novo cantante, o álbum xa ten un son puramente Heavy. Tódolos temas foron escritos pola banda coa participación de Dio.
En 1980 o antigo manager dos Sabbath, Patrick Meehan, publica Live at last primeiro álbum en directo de Black Sabbath. O disco sobrepasou ó Heaven and hell nas listas británicas de vendas a pesar de que o son é de disco pirata, ten detalles curiosos coma unha longa versión jazzy da rara Wicked world e a preview de Killing yourself to live antes de que fora gravada no disco Sabbath bloody sabbath.
En 1981 sae o segundo álbum como vocalista de Dio e o primeiro álbum có novo baterista Vinnie Appice (suple a Bill Ward), Mobb Rules presenta composicións masacrantes coma Turn Up The Night, Sliping Away e The Mob Rules. Este disco consolida á segunda formación de Black Sabbath.
En 1982 Black Sabbath lanzou un álbum en vivo, Live Evil, incluindo tódolos grandes hits de tódolos álbums lanzados. O que debería ser a consolidación definitiva da segunda formación converteuse nun triste epitafio. Infinidade de historias contan a división do grupo en dous frentes, Iommi/Butler vs. Dio/Appice. Así logo da gravación Ronnie James Dio e Vinnie Appice deixaron a banda. Houberón malos entendidos dentro da banda porque Dio "saboteou" a mezcla do álbum para destacar a súa voz dentro da gravación.
En febreiro de 1983, Black Sabbath era un grupo tecnicamente morto, sen cantante e cun complicado álbum en directo na rúa que o grupo negabase a promocionar. A primeira opción para continuar có grupo foi ofrecerlles os postos vacantes a David Coverdale ( ex-vocalista de Deep Purple) e a Cozy Powell, pero estos preferiron seguir con Whitesnake. Unha noite, Ian gillan (ex-cantante de Deep Purple e nese momento solista) encontrase con Tony Iommi e con Geezer Butler nun pub inglés, beben e deciden formar un grupo chamando a Bill Ward. A súa idea era formar un novo grupo pero a discográfica obligounos a retomar o nome de Black Sabbath. Así gravan Born Again nos Manor Studios en Shipton on Cherwell, Oxfordshire. Ian Gillan compuxo letras ácidas e Iommi a música máis violenta e feroz feita xamáis polo grupo. Pero cando tocou producir e misturar o disco comezaron os problemas. O productor Robin Black e en certa medida Butler arruinaron o traballo, conseguindo un son metálico, comprimido e sucio. O peor estaba por chegar. Steve "Krusher" Joule (deseñador daquela de Kerrang!) era o productor ó mesmo tempo das portadas de Ozzy Osbourne e para Black Sabbath (a relación entre ambas bandas non era nada boa) e veuse nun apuro, así que deseñou unha portada que os Sabbath seguro rechazarian pero a Iommi encantoulle. Ian Gillan afirmou daquela "Vin a portada e vomitei, logo escoitei o disco e volvín vomitar", pero xa era tarde para votarse atrás.
A Bill Ward tiverón que ir a buscalo á indixencia de Los Angeles xa que volverase alcohólico e naquelas condicións non podía sair de xira, contrataron a Bev Evan, batería de Electrc Light Orchestra. Co disco non existía termino medio ou era insoportable (decantome por esta) ou unha oscura e perversa obra maestra. Para o set do escenario Butler dixo " Stonehenge a tamaño natural" (construiuse en fibra de vidrio con pezas de 8 metros e medio de alto). A xira foi un desastre a montaxe só podía montarse completa nos estadios americanos e Gillan non sabía as cancións antigas dos Sabbath e tiña as letras no chan para cantalas (nunha ocasión a néboa artificial impedialle ver as letras e agachabase no comezo das cancións). Nesta época os Sabbath chegarian a España.
En 1984 Gillan deixa Black Sabbath para retomar a carreira con Deep Purple, a partir de aquí Black Sabbath tivo un constante baile de baixistas:Glenn Hughes, Dave Spitz,Neil Murray; baterias: Cozy Powell,Bobby Rondinelli;e vocalistas: Dave Donato, Jeff Fenholt (modelo que fixo Cristo Superstar), Glenn Hughes (Seventh Star, 1986), Ray Gillen, Tony Martin (The Eternal Idol,1987/ Headless Cross, 1989/ Tyr, 1990/ Cross Purposes, 1994), Ronnie James Dio (Dehumanizer, 1992), Ice-T (Forbidden, 1995). O único compoñente que mantivose ó longo dos anos foi o guitarrista Tony Iommi que en ó menos dous casos (Born Again e Seventh Star) tivo que manter o nome do grupo polas presións da discográfica. Finalmente en 1997 xuntanse os músicos orixinais para tocar en directo 20 anos despois no que sería o Reunion.
[editar] Discografía
- Black Sabbath (1970)
- Paranoid (1970)
- Master of Reality (1971)
- Volume 4 (1972)
- Sabbath Bloody Sabbath (1973)
- Sabotage (1975)
- Technical Ecstasy (1976)
- We Sold Our Soul For Rock & Roll (1976)
- Never Say Die (1978)
- Heaven & Hell (1980)
- Live At Last (1980)
- Mob Rules (1981)
- Live Evil (live) (1982)
- Born Again (1983)
- Between Heaven and Hell (1985)
- Seventh Star (1986)
- The Eternal Idol (1987)
- Headless Cross (1989)
- Tyr (1990)
- Dehumanizer (1992)
- Cross Purposes (1994)
- Cross Purposes Live (live) (1995)
- Cross Purposes Live (VHS) (1995)
- Forbidden (1995)
- The Sabbath Stones (1996)
- Reunion (live) (1998)
- The Last Supper (DVD) (1999)