Cabeiro, Redondela
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cabeiro, parroquia do Concello de Redondela. Situada en terreo montuoso, con libre ventilación e clima san, aínda que ás veces padécense algunhas febres e dores de costado. Esta formado polos barrios de Porto-Cabeiro (a 5,8 km do centro da vila) e Igrexa (a 5,5 km). Confina o término ó norte coa freguesía de Cedeira, ó este con Trasmañó, ó sur con Vilar e ó oeste Negros. Ten unha igrexa parroquial adicada a san Xoán.
[editar] Historia
Segundo os datos do dicionario de Madoz de 1845 o terreo participaba de monte chan brotando abundantes fontes, que aproveitaban os veciños para o seu gasto doméstico, bebedoiro de gandos e outros usos. A parte montuosa atópabase con pouquísimo arborado e unicamente ofrece arbustos e herbas de pasto. Tradicionalmente contaba con camiños locais e penosos. O correo recibíase de Redondela, producindo trigo, centeo, millo e legumes, sostía gando vacún, lanar e cabrío, e había caza de varias especies. A industria, ademais da agrícola contaba con dous muíños fariñeiros.
[editar] O Partido Xudicial
Cando o 3 de decembro de 1836 se realiza a proposta de creación do partido xudicial de Redondela, feita pola Comisión o 6 de outubro de 1835, e por tanto do propio concello, correspóndelle a Cabeiro, xunto á veciña parroquia de Vilar de Infesta, 1 elector.
[editar] Ligazóns relacionadas
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela | |
---|---|
Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María) |