Calendario romano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O calendario romano era, posibelmente, de orixe etrusca. Era un calendario lunar adaptado ao ano solar. O ano comezaba o 15 de marzo e tiña 12 meses de 29 e 31 días máis un mes intercalar de 20 ou 22 días cada dous anos. Mediante esta innovación, atribuída ao rei Numa Pompilio, o ano medio duraba 366 días e medio. Os pontífices eran os encargados de regular este mes.
No ano 45 a.C., Xulio César encargoulle a reforma deste calendario ao astrónomo alexandrino Sosíxenes. Este calendario "xuliano", modificado en 1582 (calendario gregoriano), é o noso actual. Tiña 365 días e outro máis suplementario cada 4 anos intercalado entre o 24 e o 25 de febreiro.
Os días fixos de cada mes son:
- Idus: lúa chea.
- Calendas: lúa nova.
- Nonas: cuarto crecente.
Os anos nomeábanse de dúas maneiras: polo nome dos cónsules, cuxa lista conservaban os pontífices e a partir da data de fundación mítica da cidade de Roma no 675 a.C., Ab urbe condita ou a.u.c..