Camelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Camelo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Camelius bactrianus Camelus dromedarius |
||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
Camelus é un xénero de ungulados artiodáctilos (de número impar de dedos) que contén dúas especies: o dromedario (Camelus dromedarius), dunha xibas e o camelo bactriano (Camelus bactrianus), de dúas xibas. Ambos os dous son nativos de áreas secas e desérticas da Asia e do Norte da África. O nome camelo ven do grego kamelos a partir do hebraico gamal, "camelo".
Os humanos teñen domesticado camelos desde hai millares de anos. Tanto o dromedario como o camelo bactriano úsanse para obtención de leite, carne e como animais de carga - o dromedario no norte da África e Oriente Medio e o camelo bactriano na Asia central. Ademais a súa pel utilízase para facer coiro e la.
Mesmo existindo arredor de 13 millóns de dromedarios hoxe en día, están extintos como animais salvaxes. Hai, porén, unha poboación salvaxe considerábel de case 32.000 que viven nos desertos da Australia central, descendentes de individuos que escaparon no século XIX.
O camelo bactriano posúe preto de 1,4 millóns de individuos, a maioría domesticados. Hai uns 1.000 camelos salvaxes no Deserto de Gobi e pequenos grupos en Irán, Afganistán, Turquía e Rusia.
Ambos os dous son animais herbívoros. Poden tomar case 120 litros de auga dunha soa vez que almacena ao igual que o alimento na súa xiba e que lle permiten aguantar semanas sen beber e sen comer.