Cascuda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As cascudas son insectos da orde Blattodea, cóntanse 3.500 especies en 6 familias, son ovíparos, hemimetábolas, os seus corpos miden entre 3 e 65 mm. As cascudas viven en lugares quentes e húmidos, hai algunhas especies semiacuáticas e acuáticas e mesmo outras viven nos desertos e cavernas, destacan pola súa gran resistencia, poden sobrevivir durante nove días sen a cabeza e sobreviven á radioactividade, foron un dos poucos seres vivos que sobreviviron ás explosións nucleares de Hiroshima e Nagasaki.