Cebreiro (queixo)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Queixo do Cebreiro é un queixo galego producido nos concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Caurel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.
Elabórase basicamente con leite de vaca ó que se lle pode engadir leite de cabra en cantidades non superiores a un 40%. É un queixo graxo cunha consistencia que depende do grao de maduración. A pasta é granulosa e a codia fina. É de cor branco ou amarelo,segundo a maduración, ten un sabor lixeiramente ácido e picante, a súa forma lembra un gorro de cociñeiro ou a un fungo. Os pelegríns que percorrían o camiño encargáronse desde vello de dalo a coñecer e hai documentación que acredita a súa existencia desde o século XVIII. A produción é limitada porque as explotacións da zona son poucas e de pequeno tamaño.
[editar] Características e tipos
O leite empregado procederá de gando vacún saneado, das razas Rubia Galega, Pardo Alpina, Frisona ou dos seus cruzamentos. Tamén se elaboran queixos cunha proporción máxima do 40% do leite de gando caprino. O leite será enteiro, sen costros nin conservantes. O coallo empregado será de orixe animal ou outras enzimas autorizadas. O queixo do Cebreiro pódese comercializar en dúas modalidades (fresco e curado), cun peso por peza comprendido entre 0,5 e 2 kg: Forma de fungo ou gorro de cociñeiro, e decir, composto de dúas partes:
- Base cilíndrica, de diámetro variable e cunha altura non superior a 12 cm.
- Sombreiro, que terá entre 1 e 2 cm máis de diámetro que a base e unha altura non superior a 3 cm.
As características da pasta varían en función do grao de maduración, distinguíndose entre os frescos e mailos curados