Celso Bugallo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Celso Bugallo é un actor galego nacido en Vilalonga, Pontevedra, en 1947. O seu nome completo é Celso Bugallo Aguiar.
Índice |
[editar] Biografía
É unha das facianas máis familiares nas series e películas galegas recentes, aínda que a nivel nacional, o recoñecemento chegoulle da man de Alejandro Amenábar, co seu papel de irmán de Ramón Sampedro na película Mar Adentro, interpretación que lle valeu un Premio Goya ó mellor actor de reparto.
A súa andaina no mundo da interpretación empeza nos anos 70.
Ten unha longa experiencia no teatro é o fundador das compañías Olimpo e Zanahoria, ademais de ter pertenecido ós grupos teatrais Lope de Rueda e Adefesio Teatro.
Leva a cabo diversas montaxes en Galicia entre 1988 e 1992, promovendo a Aula de Formación de Actores de Pontevedra (AFAP).
Dirixiu diversas obras teatrais como Preludio al teatro, El daño que hace el tabaco ou El despertar, entre outras.
[editar] Películas
- La lengua de las mariposas(1999), de José Luis Cuerda. Como Cura.
- Lena (2001), de Gonzalo Tapias. Como Matón.
- Entre bateas (2002) (TV), de Jorge Coira. Como Cura.
- Los lunes al sol(2002), de Fernando León de Aranoa. Como Amador.
- Lentura (2003), de Manuel Iglesias Nanin. Como Avó/Antón.
- El lápiz del carpintero(2003), de Antón Reixa. Como Pai de Herbal.
- Secuestrados en Georgia (2003) (TV), de Gustavo Balza. Como Secretario Ministerio AA.EE.
- Na terceira hora (2004), de Xacobe Vidal.
- La vida que te espera(2004), de Manuel Gutiérrez Aragón. Como Severo.
- Mar adentro (2004), de Alejandro Amenábar. Como José Sampedro.
- Para que no me olvides (2005), de Patricia Ferrerira. Como Ancián.
- Omar Martínez (2006) (TV), de Pau Martínez. Como Entrenador.
- Salvador (2006), de Manuel Huerga. Como Padre de Salvador.
- Chapapote... o no (2006) (TV), de Ferrán Llagostera. Como Alfonso.
- La noche de los girasoles(2006), de Jorge Sánchez-Cabezudo. Como Amadeo.
- 53 días de invierno (2006), de Judith Colell.
- Los sultanes del Sur (2006), de Alejandro Lozano. Como O Tejano.
- Los Totenwackers (2007), de Ibón Cormenzana. Como Coxo.
- Pudor (2007), de David Ulloa e Tristán Ulloa.
[editar] Televisión
(personaxes episódicos)
- Mareas Vivas (1998). TVG.
- [Periodistas (serie de televisión)]] (1998). Telecinco.
- Rías Baixas (2000). TVG.
- Fíos (2001). TVG.
- Galicia Express (2001). TVG.
- Terra de Miranda (2001). TVG.
[editar] Premios e nominacións
- 2002
- Premio revelación Chano Piñeiro por Los lunes al sol.
- Premio Mestre Mateo 2002 ó mellor actor de reparto por Los lunes al sol.
- 2005
- Gañador do Premio Goya ó Mellor Actor de Reparto por Mar Adentro.
- Gañador do Premio da Unión de Actores ó mellor actor secundario por Mar Adentro.
- Nominado ó Premio da Asociación Cronistas de Espectáculos de Nueva York (ACE) ó mellor actor de reparto por Mar Adentro.
- Nominado ó Premio del Círculo de Escritores Cinematográficos ó Mellor Actor Secundario por Mar Adentro.
[editar] Ligazóns externas
- [1]
- Template:Imdb nombre