Chipset
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O chipset é o conxunto de chips que integran a placa base dun ordenador. Nos sistemas de tipo Pentium fan referencia a dous chips, o northbridge e o southbridge
Algunhas das funcións lóxicas que adoita integrar son:
- Soporte para o microprocesador
- Controlador de memoria para xestionar a memoria RAM e os diferentes niveis de memoria caché
- Control dos periféricos e do bus de entrada e saída
- Controlador dos dispositivos de almacenamento que cumprar co estándar IDE/ATAPI
- Controlador de Acceso Directo á Memoria
- Controlador de teclado.
Intel é o principal fabricante de chipsets, entre os outros fabricantes están VIA Tecnologies, AMD, SiS, Acer ou NVIDIA