Corrente oceánica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A corrente oceánica ou mariña é un movemento de traslación, continuado e permanente dunha masa de auga determinada.
Correntes oceánicas en oceanografía son deslocamentos de augas oceánicas, ordenadas ou non, producidas pola inercia da rotación do planeta Terra. Os seus movementos non son ben definidos por haber continentes e illas ao longo do seu percorrido, polo tanto, corren en diversas direccións. Infllúen na pesca, na vida mariña e no clima.
As correntes mariñas presentan unha dirección distinta á do vento. O seu encontro con este, pode provocar variacións climáticas (Véxase clima). Polo xeral, nunha zona en que haxa, por exemplo, unha corrente mariña que vaia cara ó norte e teña ó leste un continente, cambiará a temperatura do vento do oeste, no caso de que este exista. Se a corrente mariña que se dirixe cara ó norte é fría, o vento do oeste (que viña de augas mas cálidas) vaise a arrefríar, de maneira tal que a humidade tomada das augas máis cálidas, se condensará, chovendo así sobre a corrente mariña. Cando o vento chega ó continente, chega seco.
Polo xeral, todo sector de terra que se encontre xunto a unha corrente mariña que free o vento, será seco.
Índice |
[editar] Tipos
As correntes oceánicas divídense en correntes frías e correntes quentes. As correntes frías encóntranse, máis frecentemente no Hemisferio norte por seren as súas augas máis frías e con poucos peixes. As correntes quentes áchanse, máis frequentemente no Hemisferio sur por seren as súas augas máis quentes.
[editar] Localización
- Frías
- Corrente da California
- Corrente de Humboldt
- Corrente das Canarias
- Corrente de Labrador
- Corrente de Benguela
- Corrente da Grenlandia
- Corrente Oya Shivo
- Quentes
- Corrente das Guianas
- Corrente do Brasil
- Corrente do Golfo
- Corrente Centro Ecuatorial
- Corrente Sur Ecuatorial
- Corrente Deriva Norte-Pacífico
- Corrente Kuro Shivo
[editar] Véxase tamén
- Maré