Pesca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pesca é a extracción de organismos acuáticos do medio onde se desenvolveron para diversos fins, tales como a alimentación, a recreación (pesca recreativa ou pesca deportiva), a ornamentación (captura de especies ornamentais), ou para fins industriais, incluíndo a fabricación de racións para o alimento de animais en criación e a produción de substancias con interese para a saúde - como o "famoso" aceite de fígado de bacallau.
Esta definición engloba o concepto de acuicultura en que as especies capturadas son primeiro criadas en instalacións apropriadas, como tanques, gaiolas ou viveiros.
As principais especies explotadas na actividade pesqueira no mundo pertencen aos grupos dos peixes, dos crustáceos e dos moluscos. Non obstante, o home tamén cultiva e captura varias especies de crocodilos, batracios (principalmente ras), mamíferos mariños (principalmente baleas) e algas.
De acordo con "O Estado das pesqueiras e da acuicultura no mundo", unha publicación da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación), a produción de peixe no mundo foi en 2002 superior a 94 millóns de toneladas de actividade extractiva e máis 50 millóns de acuicultura. Estímase que o peixe supra actualmente preto do 16% da proteína consumida polo home. As pescas son igualmente un importante fonte de emprego, contribuindo enormemente á economía mundial.
Índice |
[editar] Pesca e pesqueiras
A pesca é o propio acto de capturar animais acuáticos ou de crialos, unha pesqueira é o conxunto do ecosistema e de todos os medios que nel actuan – barcos e artes de pesca – para capturar unha especie ou un grupo de especies afins. Por exemplo, a pesqueira de arenque do Mar do Norte, a pesqueira de anchoa do Perú e Chile. Así e todo, referímonos ás pesqueiras de camarón de Madagascar porque inclúen unha componente industrial e outra artesanal ou as pesqueiras de atún porque teñen diferentes especies e son capturadas en diferentes océanos.
[editar] A pesca na historia
Desde tempos inmemoriais, a pesca sempre fixo parte das culturas humanas, non só como fonte de alimento, senon tamén como modo de vida, dando identidade a innúmerabeis comunidades, e como obxecto artístico. A Biblia ten varias referencias á pesca e o peixe converteuse nun símbolo dos cristáns desde os primeiros tempos.
Unha das actividades cunha historia máis longa é o comercio de bacallau seco entre o norte e o sur da Europa, que comezou no tempo dos vikingos hai máis de 1000 anos.
[editar] Métodos de Pesca
A forma máis simple da pesca é un individuo isolado cunha cana ou rede. Non só como actividade recreativa - proporcionando un enorme comercio en moitos países desenvolvidos -, senon tamén como pesca de subsistencia nos países menos desenvolvidos, esta forma de pesca continua a ser moi importante en todo o mundo.
Mais a forma máis usual de pescar é con embarcacións, comezando coa xangada de papiros do Exipto ou a piroga ou canoa de tronco excavado, aínda hoxe a principal plataforma de pesca en moitos países menos desenvolvidos, pasando polos barcos á vela, ata aos enormes barcos-fábrica responsables da producción de atun e equipados coa máis moderna tecnoloxía, desde helicópteros para a detección dos cardumes, ata receptores de información de satélites, que lles indican a posición exacta, a temperatura da auga do mar. etc.
[editar] Pesca á liña
A pesca “á liña”, con liña e anzó, parecendo simple, é unha das principais formas de capturar peixe. Polo feito do material ser de fácil adquisición, é o principal método de pesca de subsistencia en ríos, lagos ou xunto á costa. Porén, varias pescarías industrializadas usan este método, ben coa chamada liña-de-man, en que cada pescador terma na mán unha liña, na extremidade da cal se colocan varias liñas secundarias cada unha co seu anzó, ata aos palangres de varios quilómetros de lonxitude con que se pescan os atuns de profundidade.
[editar] Pesca de enmalle
Outra forma de pescar relativamente simple é a rede de enmallar - na súa forma máis simple, un rectángulo de rede con flotadores nunha extremidade e pesos na oposta, que se lanza á auga nun lugar onde se saiba haber cardumes de peixe, os cais fican "enmallados" ou sexa presos nas mallas da rede, normalmente polos espiños ou opérculos. Este método ten moitas variantes, a máis perigosa - para a fauna mariña e para a propria navegación - é a de arrastre ou rede de deriva, que tamén pode ter varios quilómetros de extensión e pode perderse, continuando a matar peixes que despois non son aproveitados e ata mamíferos mariños; ademais, estas redes son practicamente invisibles e un navío que pase por unha destas redes perdidas pode ficar co hélice inmobilizado. Por estas razóns, este método de pesca foi prohibido en varios países.
[editar] Pesca de cerco
Algunhas variantes da rede de emallar deran orixe ás redes de cerco: a rede é colocada en volta dun cardume e o cabo profundo poder ser puxado ata formar un saco onde todo o peixe fica aprisionado. Esta forma de pescar é utilizada tanto a nivel artesanal - na rexión norte de Mozambique estas redes son pechadas por 4-5 mergulladores, en augas baixas - como a nivel industrial, por exemplo, para algunhas especies de atun que forman cardumes á superficie do mar.
[editar] Pesca con trampas
As trampas ou armadillas de diversos tipos son tamén métodos de pesca moi populares desde tempos imemoriais. Na rexión Indo-Pacífica, é dicir, nas zonas tropicais e subtropicais dos Océanos Índico e Pacífico, os pescadores construen gaiolas en forma de V con ripas de bambú ou de follas de palmeira, colocannas preto de rochas ou recifes de coral e conseguen capturar peixes de gran valor comercial. En Galicia existe unha pesca tradicional para cefalópodos (principalmente polbo) con recipientes ,de barro ou lata, normalmente presos en número variable a liñas suspensas na auga. Estas artes de pesca pertencen ás chamadas artes pasivas, xa que é o proprio animal que as procura, normalmente como refuxio, ficando nelas aprisionado.
Ao nivel industrial, hai pescarías que utilizan gaiolas, construídas con plástico ou rede segura nunha armazón metálica, que poden ser colocadas en grandes números e en calquer profundidade, presas a un cabo. Estas gaiolas provocan un problema semellante ao das redes de emallar derivantes, pois poden perderse e continuar a matar peixes ou outros organismos, sen nengún beneficio, nen para o Home, nen para os proprios recursos pesqueiros.
[editar] Pesca de arrastre
Finalmente, en termos de tipo de arte, unha vez que hai numerosas variantes dos tipos descritos atrás, o método de pesca actualmente máis popular - e máis controverso - é o arrastre, constituído basicamente por unha rede construída en forma de saco, con flotadores na parte superior da abertura e pesos na parte do fundo, e cabos seguros ás extremidades desa "boca" cos cais a rede é arrastada normalmente polo fundo do mar. Existen formas artesanais desta arte (en tal caso chámase “rapeta”), en practicamente todo o mundo, en que a rede é arrastrada por pescadores a pé ou co auxilio dunha pequena embarcación, mais a industria pesqueira usa redes de arrastre de grandes dimensións - ás veces máis dunha ao mesmo tempo - que son de construcción máis sofisticada e tiradas por instrumentos mecánicos a partir dunha embarcación que pode ser un barco-fábrica.
Os aspectos controversos deste método de pesca son varios, desde a noción - normalmente errada - de que estas redes "destruen" o fundo do mar, ata outros problemas máis válidos e que teñen sido estudados e parcialmente resoltos polas ciencias pesqueiras, como o feito de que estas redes son moi pouco selectivas, quer dicir, capturan animais de prácticamente todas as dimensións, ata os moito pequenos dunha especie que aínda non chegaron a madurez sexual, pondo así en perigo a continuidade da poboación, e de todas as especies, mesmo aquelas que non son o obxecto da pescaria e que son moitas veces lanzadas ao mar, contribuíndo para a diminución da diversidade biolóxica no mundo.
[editar] Métodos de pesca prohibidos
Existen alguns métodos de pesca moito nocivos e que son prohibidos en practicamente todo o mundo mais que aínda se practican. Un deles é o uso de dinamita ou outros explosivos - cando se detona unha carga explosiva na auga, a enorme presión atordoa os peixes maiores e pode destruir completamente os máis pequenos; incluso por causa do aumento de presión, estes peixes fican a flotar e son facilmente capturados. Claro que os peixes que fican destruídos non serven nen sequer para alimentación e poden ser os xuvenís, causando así un desperdicio. Pior é o efeito que os explosivos teñen nos corais, que levan moitas decenas de anos a desenvolvérense e que, con este método, son destruídos.
Outro método de pesca prohibido é o do uso de substancias tóxicas para os peixes ou outros organismos acuáticos. Tal como nos métodos anteriores, o problema principal é a ausencia de selectividade do método, matando non só os organismos dos tamaños que se pretenden utilizar, mais tamén moitos outros. Porén, este método é aceptado, mais con restricións en relación á cantidade e á forma da súa utilización, para estudar os organismos existentes en áreas onde non é fácil capturálos por outros métodos, tais como caves ou rápidos de ríos.
[editar] A Importancia das Pescas no Mundo
A actividade da pesca atópase en todos os océanos, ríos e lagos - e ata nas augas que fican permanentemente cobertas de xelo -. O home captura un gran número de especies de peixes, crustáceos, moluscos e ata moitas outras especies acuáticas, como algunhas algas, mamíferos mariños (aínda que a súa captura sexa prohibida en case todo o mundo) e outros seres. Porén, o número de especies que compoñen a gran maioría das capturas pesqueiras do mundo é relativamente pequeno. As principais son a anchoa do Perú de que, en 2002, se capturaron preto de 10 millóns de toneladas, o bacallau e especies da mesma familia, que sobrepasaron os 8 millóns, os atuns que alcanzaron 6 millóns, e os cefalópodos (chocos, lulas e polbos) e os camaróns que atinxiron cada un preto de 3 millóns. Polo tanto, estes 5 grupos de especies (se xuntarmos a anchoa coas sardiñas, temos un total de 22 millóns de toneladas) corresponden a case 50% das capturas mundiais da pesca.
Os principais países pesqueiros en 2002 foron China cun total de case 17 millóns de toneladas de capturas, 19 millóns provintes da acuicultura mariña e 17 millóns da acuicultura de auga doce - preto de 30% da producción mundial de produtos pesqueiros -, o Perú con preto de 9 millóns, os Estados Unidos da América do Norte con preto de 5 millóns e o Xapón con 4,5 millóns. O segundo produtor mundial de produtos aquícolas foi a India, con 2 millóns de toneladas.
[editar] Problemas ambientais ligados ás pescas
Unha vez que as pescas dependen de recursos naturais renovábeis, é de esperar que haxa unha serie de aspectos, ambientais e outros, que as afectan. O principal é respecto á propia disponibilidade do recurso que se pretende pescar – a pesca pretende ser unha actividade económica sustentábel e polo tanto ela debe ser regulada de modo que se asegure a renovabilidade dos recursos, ou sexa, se evite a sobrepesca. Este é o obxectivo da xestión das pescarías.
Así e todo, unha vez que os recursos pesqueiros – as especies acuáticas – viven nun determinado ecosistema, a súa renovabilidade tamén depende da integridade do ecosistema, ou sexa, dun conxunto de relacións equilibradas entre as varias especies presentes e entre estas e o seu habitat. Por iso, todos os factores que prexudican a “saúde” do ecosistema, como a contaminación e as alteracións da biodiversidade, poñen en causa a sustentabilidade das pescarías que aí se desenvolven.
Algúns destes factores teñen causas externas ás propias pescarías, como a contaminación causada polos residuos urbanos, industriais ou dos navíos. As alteracións na faixa costeira, tales como a desforestación que pode causar erosión, promovendo o asoreamento dos fondos mariños (ou dos ríos ou lagos) ou a exploración de areas ou rochas para fins de construción, tamén perxudican os ecosistemas acuáticos. Por esa razón, hoxe falase moito da necesidade dunha xestión integrada da zona costeira, en que se eviten todas as accións que perxudiquen, non só a costa, as praias, a navegación, senon tamén os ecosistemas acuáticos e as pescas que del dependen.
Outra importante acción que debe ser promovida é a recuperación da saúde dun ecosistema afectado, non só anulando as fontes de contaminación ou controlando a exploración das forestas ribeiriñas – ou mesmo promovendo a reflorestación – mais inclusivamente introducindo no sistema especies que teñan desaparecido ou outras que non entren en competición con aquelas aló existentes, mais contribuan para o seu nivel óptimo, por exemplo, servindo para o seu alimento.
Mais a pesca tamén pode provocar alteracións no proprio ecosistema do cal depende. Referimos acima a destrución dos fundos polo arrastre, que realmente pode acontecer en pescarías que se desenvolven en “chairas de erbas mariñas, cando o arrastre se fai a niveis que non permiten a renovación daquelas plantas. Mais a mesma pesca excesiva ou descontrolada, ademais de pór en perigo a renovación das especies, pode tamén causar a modificación da biocenose, a través da substitución de especies ou mesmo causando a diminución da biodiversidade.
Por estas razóns, ademais do esforzo que se debe facer na xestión das pescarias e na xestión integrada da zona costeira, existe neste momento a tendencia de multiplicar as reservas mariñas, zonas onde é prohibido pescar – ou onde a propria comunidade humana controla a pesca que lle permite a subsistencia. Estas reservas ou parques permiten o refuxio de poboacións de organismos mariños que poden axudar a repoboar zonas próximas onde algunhas especies teñan sido sobre-explotadas.
[editar] Código de Conduta para Pescarías Responsables
A adopción xeneralizada nos anos 70 das zonas económicas exclusivas (CEE’s) e da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar, en 1982, criaron condicións para unha mellor xestión dos recursos pesqueiros, dando a un gran número de países o dereito dos utilizar para o seu proveito (en vez de continuaren a ser peixes por frotas extranxeiras) e a responsabilidade de fiscalizar as pescarías que ahí se exercen. Porén, este movimento asociado aos avances tecnolóxicos nesta industria e á crecente procura de produtos pesqueiros levaron ao seu crecimento exaxerado. Nos anos 80 tornouse claro que os recursos existentes non poderían suster este crecimento. Alén diso, continuaron a existir pescarías non reguladas no alto mar, moitas veces envolvendo especies de peixes que fan grandes migracións e que pasan polas augas de varios países.
En 1992, realizouse en Cancún unha Conferencia Internacional sobre Pesca Responsable en que se pediu á FAO que preparase un Código de Conducta para tentar resolver aquelas cuestións. A Declaración de Cancun foi unha importante contribución para a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Meo Ambiente e o Desenvolvimento – Río de Xaneiro. En 1993, a Conferencia da FAO adoptou un Acordo na Promoción do Respeito polas Medidas Internacionais de Conservación e Xestión por Barcos de Pesca na Alta Mar. Finalmente, en 1995, a Conferencia da FAO adoptou unanimemente este Código que, a pesar de non ser mandatorio, establece principios e padrións para a conservación, xestión e desenvolvimento de todas as pescarías do mundo.
Os obxectivos do Código son os seguintes:
- Establecer principios que estexan de acordo cos artigos relevantes da lei internacional para a promoción de pescas responsables, considerando todos os aspectos de interese, dos pontos des vista biolóxico, tecnolóxico, económico, social, ambiental e comercial;
- Establecer principios e criterios para a elaboración e implementación de políticas nacionais para a conservación responsable dos recursos pesqueiros e para a xestión e o desenvolvimento das pescas;
- Servir como referencia para axudar os estados a promulgar ou mellorar a súa lexislación e os mecanismos institucionais necesarios para o exercicio de pescas responsables;
- Proveer liñas de orientación que poidan ser usadas, onde sexa apropriado, na formulación e implementación de acordos internacionais e outros instrumentos legais, tanto mandatorios como voluntarios;
- Promover a cooperación técnica, financeira e outra na conservación dos recursos pesqueiros e na xestión e desenvolvimento das pescas;
- Promover o aumento da contribución das pescas para a seguridade alimentaria e para o melloramento da dieta alimentar dos pobos, con prioridade para as comunidades locais;
- Promover a protección dos recursos acuáticos vivos e do seu ambiente e zonas costeiras;
- Promover o comercio do peixe e doutros produtos pesqueiros en conformidade coas regras internacionais relevantes e a eliminación de barreiras a ese comercio;
- Promover a investigación das pescarías, incluindo os aspectos ecolóxicos dos ecosistemas que as sustentan;
- Fornecer regras de conducta para todas as persoas envolvidas nas pescas.
[editar] Resume de artes de pesca
[editar] Pesca comercial
- Palangre
- Cerco
- Nasa
- Arrastre
- Deriva
[editar] Pesca deportiva
- Brumeo
- Cacea
- Curricán
- Boloñesa
- Coup
- Inglesa
- Pesca con engado
- Lanzado
- Pesca ó tento
- Mosca
- Pesca da carpa
- Pesca submariña
- Surf-Casting
- volantín
[editar] Véxase tamén
- Fotos sobre o mar de Galicia en Commons
- Fotos de diversos tipos de embarcacións pesqueiras galegas en Commons
- Artes e aparellos de pesca en Galicia (PDF en castelán