Economía da Romanía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Economía da Romanía | ||
---|---|---|
Moeda | Leu | |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea (despois de 1 de xaneiro de 2007). | |
Datos estatísticos Fonte:CIA | ||
PIB | US$ 181 800 millóns (2005) | |
PIB (posición) | 41ª no mundo | |
% de crecemento PIB | 4,1% (2005) | |
PIB per cápita | US$ 8 100 (2005) | |
PIB por sector | agricultura (10,1%), industria (35%), comercio e servizos (54,9%) (2004) | |
Inflación anual | 9% | |
Poboación abaixo da liña da pobreza | 12% (2003) | |
Total da forza de traballo | 9 310 000 | |
% traballadores por sector | agricultura 31,6 %, industria 30,7 %, comercio e servizos 37,7 % (2004) | |
Desemprego | 7,7% (2005) | |
Parcerías comerciais [1] | ||
Exportacións (US$) | 31 200 millóns f.o.b. (2005) | |
Principais productos exportados | téxtiles e calzados, metais e productos de metal, máquinas e equipamentos, minerías e combustíbeis, productos químicos e productos agrícolas | |
Principais mercados | Italia 19,4 %, Alemaña 14 %, Turquía 7,9 %, Francia 7,4 %, Reino Unido 5,5 %, Hungría 4,1 %, EUA 4,1 %, (2005) | |
Importacións (US$) | 41 000 millóns (2005) | |
Principais productos importados | máquinas e equipamentos, combustíbeis e minerías, productos químicos, téxtiles, metais básicos, productos agrícolas | |
Principais parceiros | Italia 15,5 %, Alemaña 14 %, Rusia 8,3 %, Francia 6,8 %, Turquía 4,9 %, China 4,1 %, (2005) | |
Finanzas públicas [2] | ||
Débeda externa | US$ 35 680 millóns (2005) | |
Receitas (US$) | 29 970 millóns | |
Despesas (US$) | 31 370 millóns | |
Axuda económica recebida (US$) | 3 300 millóns, da Unión Europea (2004-2006) |
Após o colapso do Bloque Soviético en 1989-1991, a Romanía foi deixada cunha base industrial obsoleta e un padrón de capacidade industrial totalmente inadecuado ás súas necesidades.
En febreiro de 1997, a Romanía iniciou un abraiante programa de reforma estrutural e estabilización macroeconómica, mais a reforma subsecuentemente ten sido un proceso inconstante. Os programas de reestruturación inclúen liquidar grandes industrias de enerxía intensiva e reformas importantes nos sectores financeiro e agrícola.
A economía atrasada é instábel da Romanía tense transformado nunha economía con estabilidade macroeconómica, alto crecemento e baixo desemprego.
A Romanía alcanzou un acordo co FMI en agosto para un préstamo de US$ 547 millóns, mais a liberación da segunda parcela foi engadida en outubro debido as exixencias de préstamo non resolvidas do setor primario e diferencias sobre as despesas orzamentarias.
Bucarés evitou o impago das divisas do medio do ano, mais tivo que reducir significantemente as reservas para tal; as reservas xiraban en torno de US$ 1.500 millóns por ano en 1999.
As prioridades do goberno incluen: obter un préstamo renovado co FMI, apertar as políticas fiscais, acelelar a privatización e reestruturar empresas non lucrativas.
Os anos de 2002 e 2003 foron economicamente exitosos, e actualmente o crecemento do PIB prevese do 4.5% por ano. A economía creceu o 6.6% na primeira metade de 2004, e o 7.0% (ano sobre ano) no segundo trimestre de 2004, marcando a maior taxa de crecemento na rexión. O salario bruto medio por mes na Romanía é de 8.392.766 lei, (datos de outubro de 2004), un aumento de 2.1% sobre o mes anterior. Iso equivale a US$283,54, 213,60 Euros e 360,21 dólares australianos. O salario líquido medio por mes en xaneiro de 2004 era de 6.071.211 lei.
O crecemento do PIB debe ficar por volta de 8% en 2004 e por volta de 6-7% en 2005.
O desemprego na Romanía está no 6.2% (2004), valor que é moi baixo se comparado a outros países europeos.
Romanía foi convidada pola Unión Europea en decembro de 1999 a iniciar as negociacións de entrada, que acontecerá en 1 de xaneiro de 2007, xunto coa Bulgaria.
A pesar das nítidas mellorías, a Romanía aínda enfrenta varios problemas-chave: corrupción elevada en case todos os niveis da sociedade, falta de transparencia a respeito dos gastos públicos, falta de competitividade económica - especialmente no sector agrícola -, un certo grao de desemprego en áreas rurais e ritmo lento de reforma no sector público (pertencendo ao Estado) da economía.
A liberdade de imprensa xeralmente está garantida, mais algunhas presións económicas e administrativas determinan que a media reflita especialmente os aspectos positivos ou neutros da sociedade no canto dos aspectos negativos ou críticas dirixidas ao goberno.
A Romanía recibiu en outubro de 2004 o moi desexado status de "economía de mercado funcional" polos oficiais da UE, con algunhas reservas - relacionadas especialmente aos aspectos mencionados no parágrafo de enriba.