Economía de Italia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Italia ten unha economía industrial diversificada cun rendimento total e per-capita máis ou menos igual ao de Francia ou do Reino Unido.
Esta economía capitalista permanece dividida entre un norte industrialmente desenvolvido, dominado por empresas privadas, e un sur agrícola menos desenvolvido, cunha taxa de desemprego de 20%. Por comparación cos veciños da Europa Occidental, ten un gran número de Pequenas e Medianas Empresas PMEs.
A maior parte das materias primas necesarias para a industria e máis do 75% da enerxía son importadas.
Durante a última década, a Italia seguiu unha política fiscal apartada a fin de cumprir os criterios da Unión Económica e Monetaria e beneficiouse de taxas de xuros e de inflación máis baixas, levando á adhesión ao Euro desde o inicio, en 1999.
A performance económica de Italia veuse atrasando en relación aos seus parceiros da UE, e o actual goberno pon en práctica numerosas reformas de curto prazo destinadas a aumentar a competitividade e o crecemento a longo prazo da economía.
A pesar diso, ten andado devagar na implementación de reformas estruturais consideradas necesarias polos economistas neoliberais, como a diminuición dos impostos, a flexibilización das leis que rexen o mercado de traballo e a reforma do sistema de pensións por causa do abrandamento económico en curso e da oposición dos sindicatos.