Capitalismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A palabra capitalismo designa a un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo. O termo foi introducido pola economía marxista para referirse ós sistemas económicos modernos en que os medios de produción pertencían ó capital, mentres os traballadores foran "expropiados" deles e non tiñan a súa propiedade. O sistema capitalista, segundo o marxismo, baséase na apropiación da plusvalía xenerada polos traballadores por parte dos capitalistas, grazas precisamente ó seu control dos medios de produción. A plusvalía, na terminoloxía marxista, non debe ser confundida co beneficio. A plusvalía é o valor producido polos traballadores e que non se aplica á reprodución do sistema económica, isto é, a manter activos ós traballadores, a manter os procesos produtivos en marcha e a garantir a súa mellora no tempo. A plusvalía pertence ó traballador porque a "creou" co seu traballo. Sen embargo, no capitalismo pasa ás mans dos empresarios.