Ecuador terrestre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O ecuador é un plano imaxinario que divide á Terra en dous, de xeito perpendicular ó eixe de xiro dela, e equidistante dos dous polos terrestres. A súa expresión xeográfica é unha liña imaxinaria que pasa, entre outros países, por Ecuador, Brasil e Guinea Ecuatorial
A Liña do Ecuador é unha liña xeográfica imaxinaria que está sitúada a igual distancia dos polos, dividindo a Terra á metade, no punto onde a superficie do planeta, aproximadamente esférica, é perpendicular ó eixo de rotación. A liña do Ecuador divide a superficie terrestre en Hemisferio norte ou Setentrional, e Hemisferio sur ou Meridional.
A súa latitude (distancia en graos dun lugar calquera ata a liña do Ecuador) é por definición o grao cero. A Liña do Ecuador mide uns 40.070 km.
[editar] Países cruzados pola liña do Ecuador
De oeste para leste, partindo do Meridiano de Greenwich: