Etna
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Monte Etna é un volcán activo que se atopa na costa este de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania. Ten ó redor de 3.340 m de altura . O Etna é o volcán activo máis grande de Europa e a montaña máis alta de Italia ó sur dos Alpes. O Etna cobre unha área de 1190 km².
[editar] Historia
A actividade volcánica do Etna comezou hai uns 700.000 anos, sendo este un volcán submariño, que se foi desprazando cara o interior. O Etna é o que se denomina un estratovolcán formado como resultado de erupcións sucesivas. Unha das últimas erupcións do volcán foi entre xullo e agosto de 2001, arrasou unha estación de esquí situada na ladeira sur do volcán. A última en xaneiro de 2005, non chegou ás zonas habitadas aínda que as emisións de lava puideron verse dende toda a costa siciliana manando das aperturas laterales situadas a 2.620 e 2.400 metros.
Na actualidade segue en actividade e tén varios cráteres arredor dos 3.000 m. con fumarolas permanentes.
[editar] Mitoloxía
Segundo a mitoloxía grega, no interior do Etna estaban as forxas de Vulcano, que traballaba alí coa axuda dos cíclopes e mailos xigantes.