F-4 Phantom II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O McDonnell Douglas F-4 Phantom II é un cazabombardeiro supersónico biplaza producido para as forzas armadas dos Estados Unidos por McDonnell Douglas. Entrou en servizo en 1960 como o primeiro interceptor moderno embarcado para a Armada dos Estados Unidos.
[editar] Historia
O F-4 Phantom II foi concebido como un interceptador de longo radio de acción para a Mariña dos Estados Unidos, pero tamén con capacidade de proporcionar apoio en accións de ataque a terra, á Infantería de Mariña.
Inicialmente o F-4 foi desenvolvido por iniciativa de McDonnell Aircraft en 1953, coa intención de ofrecer un cazabombardeiro todo-tempo, despois de perder un concurso convocado pola Mariña.