Garganta de Olduvai
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A garganta de Olduvai é unha barranca de 45 km de longo, parte do Gran Val do Rift, localízase ao leste da chaira do Serengeti, no norte de Tanzania. O nome provén de Oldupai, o nome masai da Sansevieria ehrenbergiana.
É un dos xacementos paleoantropolóxicos máis importantes do mundo e é fundamental no coñecemento dos primeiros homínidos. Louis Leake e Mary Leake foron os primeiros en realizaren excavacións paleoantropolóxicas, na década de 1950, labor que continuou a súa familia e moitos outros investigadores. Hai millóns de anos o lugar era un gran lago, e as súas ribeiras estaban formadas por sucesivos depósitos de cinsa volcánica, hai 500.000 anos a actividade sísmica desviou unha corrente próxima, que asulagou o lago con sedimentos, hoxe aprecianse sete capas nas paredes da garganta. A estratigrafía é extremadamente fonda e as copas de cinsas e pedras volánicas permiten a datación radiométrica dos achados. Os fósiles máis antigos atopados datan de hai 2'5 millóns de anos.
O depósito arqueolóxico máis antigo, coñecido como capa I, evidencia a existencia de acampamentos con presenza de industria lítica. Os ósos desta capa amosan unha un homínido primitivo coñecido como Australopithecus e os primeiros espécimes coñecidos de Homo habilis. Na capa II aparece a industria lítica propia do complexo abbevillense, na que predominan os machados de man bifaciais feitas polo Homo erectus datados en hai 1'5 millóns de anos. Na capa III e IV predominan as ferramentas achelenses e ósos fósiles con características do home de Neardental datado en 600.000 anos. As capas superiores conteñen ferramenta feitas por humanos modernos.
[editar] Curiosidades
En Olduvai situou Arthur C. Clarke o primeiro monolito na súa novela 2001: A Space Odyssey.