Grandes Lagos, América do Norte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Nota: Se busca os Grandes Lagos localizados no continente africano, vexa Grandes Lagos Africanos, para outros significados de Grandes Lagos, vexa Grandes Lagos (homónimos).
Os Grandes Lagos son un conxunto de cinco lagos situados na América do Norte, entre o Canadá e os Estados Unidos de América. A bacía hidrográfica dos Grandes Lagos e do Río San Lourenzo é o maior reservatorio de auga doce do mundo. A rexión dos Grandes Lagos-San Lourenzo é unha zona densamente habitada na América do Norte, onde o centro económico e ademais o 40% da população canadense están concentradas, e onde innúmeras grandes cidades canadenses e norteamericanas están localizadas.
Os Grandes Lagos da América do Norte son (de oeste a leste):
- Lago Superior (o maior e máis profundo)
- Lago Michigan (o único que está completamente nos EEUU, o segundo maior en volume)
- Lago Huron (o segundo maior en superficie)
- Lago Erie (o menor en volume)
- Lago Ontario (o menor en superficie)