Hans Christian Andersen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hans Christian Andersen (Odense 2 de abril de 1805 - Copenhaguen 1875) escritor dinamarqués
Fillo dun zapateiro, quedou orfo de pai en 1816, e tivo que deixar de ir á escola, trasladouse a Copenhaguen para conseguir un posto como cantante de ópera e conseguíu o apoio do rei Federico VI de Dinamarca.
Xa de neno deu mostras da súa imaxinación e intelixencia, mesmo creou un teatro de monicreques no que representou obras de Ludvig Holberg e William Shakespeare. As súas primeiras novelas foron O improvisador (1835) e OT (1836). Pero o que lle deu fama internacional foron os seus Historia e Aventuras (Eventyr og Historier), contos para nenos publicados entre 1835 e 1872, traducidos a ducias de linguas, neles Andersen amosa a súa extraordinaria imaxinación e fondo coñecemento da psicoloxía dos nenos.
[editar] Ligazóns
-
- www.hcandersen-homepage.dk/ Información sobre o autor e a súa obra (en danés)