Huelva
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cidade da provincia homónima, da que é capital, situada no centro-sur da provincia, dando ó mar, situada entre varios esteiros. O municipio ten unha extensión de 148 km², e rebasa 140.000 habitantes.
O clima é moi benigno, pois é de transición entre subtropical (de variedade bética) e temperado (de variedade mediterránea). A temperatura é suave grazas a ter preto o mar, posto que a súa brisa enfría o caloroso clima.
As principais industrias onubenses son as relacionadas coa química e a pesca (Huelva conta cun importante porto pesqueiro, unha ampla flota e unha longa tradición mariñeira). O marisco e peixe onubenses gozan dunha significativa fama.
O porto de Huelva é un dos de maior actividade de España, grazas a construcións portuarias de finais do século pasado.
O poboamento onubense comeza a ter grande importancia na Idade do Bronce, adquirindo o seu auxe durante a civilización tartéssica (en torno aos séculos VIII e VI antes de Cristo). En séculos posteriores comezan a chegar comerciantes fenicios e gregos. Durante a época romana, o lugar que corresponde á provincia é chamada Beturia (entre o Betis, o Guadalquivir, e o Anas, o Guadiana), está poboado polos celtici, e máis tarde existe Onuba Aesturiana. Durante a época visigoda ten maior importancia a localidade de Niebla. Ao conquistar a cidade os musulmáns, chámana Welba. A cidade é reconquistada por Afonso X o Sabio. En 1873, as minas de Riotinto converten a Huelva nun importante porto. Os novos polígonos industrias do século XX fan que Huelva aumente considerablemente a súa poboación.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- www.ayuntamientohuelva.es (en castelán)