Inuyasha
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Inuyasha (japonés: 犬夜叉, inu "can" + yasha "demo" ) é un manga e unha serie de anime de Rumiko Takahashi.
O título completo é Sengoku o-togi zōshi InuYasha (戦国お伽草子ー犬夜, Unha fabula feudal). Comezou a editarse o 13 de novembro de 1996 e ata febreiro de 2005 publicáronse 39 volumes e 408 capítulos (ata o maio 2005) e aínda está en fase de publicación. Para a televisión fixéronse 167 episodios de 25 minutos dende o [[2000-2004]]
Inuyasha é unha comedia romántica shōnen (máis centrada na acción que nos sentimentos), con elementos de terror. A historia comeza en Toquio, alí unha rapaza chamada Kagome Higurashi, que de volta á súa casa atópase cun demo, cando desaparece, a rapaza atópase no Xapón feudal (arredor de 1600), onde a maxia é real. Kagome resulta ser a reencarnación dunha sacerdotisa moi poderosa chamada Kikyo que selou ao poderoso hanyô (metade demo, metade persoa) Inuyasha dentro dunha árbore grazas a unha frecha máxica. Kagome perde a Shikon no Tama (alfaia das catro almas), un aparello máxico moi poderoso que estaba oculto dentro do seu corpo, e libera a Inuyasha para que a axude a atopalo de novo.