Jim Morrison
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
James Douglas "Jim" Morrison (8 de decembro, 1943 - 3 de xullo, 1971) foi un cantante e escritor norteamericano. Naceu en Melbourne, Florida, foi un cantante e letrista da banda de rock, The Doors, rebelde, enfrontado á súa familia, de longa tradición militar, e ó poder, que o consideraban un disolvente dos principios éticos da sociedade norteamericana, está considerado un dos personaxes máis carismáticos do rock. É tamén autor de varios poemarios, un documental, unha curtametraxe e dous dos primeiros vídeos musicais ("The Unknown Soldier" e "People are Strange"). Morrison morreu ós 27 anos de idade en París dun ataque ó corazón, aínda que os rumores sobre a súa morte contribuíron ó mito que aínda envolve á súa figura.