John Coltrane
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John William Coltrane (23 de setembro de 1926 – 17 de xullo de 1967), de alcume Trane, foi un saxofonista e compositor de jazz estadounidense.
Aínda que existen gravacións súas dende 1946, a carreira discográfica de Coltrane non comezou ata 1955. De 1957 en adiante gravou e produciu ducias de álbunes, moitos deles non editados até anos despois da súa morte.
Foi un dos músicos máis influíntes da historia do jazz. Reformulou o jazz moderno e foi a principal influencia das sucesivas xeracións de saxofonistas. Xunto cos saxofonistas tenores Coleman Hawkins, Lester Young e Sonny Rollins, alterou fondamente a linguaxe do instrumento.