Saxofón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Instrumento de vento madeira (aínda que o corpo sexa de metal). A súa clasificación débese a que o son prodúcese ao vibrar a palleta cando pasa o aire por ela e que provén dun instrumento fabricado con madeira (o clarinete). Tamén é chamado saxo ou saxófono.
A familia de saxofóns consta de sete instrumentos, con identico duaté.
Divídese en tres partes fundamentais:
- Corpo: feito de cobre, que súa vez divídese en tres partes:
- Corpo, codo e campá.
- Tudel: feito de cobre. Serve de unión entre o corpo e a boquilla.
- Boquilla: feito de ebonita. Nela, mediante unha abrazadeira únese a palleta (cana).
Foi inventado cara 1840 por Adolphe Sax (1814-1894). O saxofón combina na súa construcción a embocadura de palleta simple do clarinete, un corpo metálico unha versión ensanchada do tubo cónico do oboe.
Os saxofóns máis coñecidos son o soprano, o contralto, o tenor e o barítono con unha extensión de duas octavas e media, agás o barítono, que posúe un semitón máis. A calidade tímbrica vai dende o suave e doce até o ronco e metálico, dependendo da embocadura, da emisión e do saxo que se estea a tocar.
Os saxofóns apareceron por primeira vez na orquestra sinfónica en 1844. Algúns compositores escribiron partes orquestais para eles, como os franceses Hector Berlioz e Georges Bizet. O alemán Richard Strauss usa un cuarteto de saxofóns na súa Sinfonía doméstica (1903). Entre as obras para saxofón solista destaca a Rapsodia (1903) para saxofón orquestra de Claude Debussy e a Fantasía para saxofón e orquestra (1948) de Heitor Villa-Lobos. Na segunda metade do século XX usouno Luciano Berio, Luigi Nono e Pierre Boulez, entre outros. Nas bandas militares os saxofóns teñen o mesmo papel que os clarinetes. O saxofón fíxose especialmente popular en Estados Unidos por estar moi ligado ao desenvolvemento do jazz.
Entre os instrumentistas de classica destaca o francese Marcel Mule.
Entre os instrumentistas de jazz destacan Sidney Bechet (soprano), Charlie Parker (contralto), Lester Young, John Coltrane, Coleman Hawkins (tenor) e Gerry Mulligan.