Laranxeira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Laranxeira | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||||
Citrus sinensis | ||||||||||||||
![]() |
A laranxeira (Citrus sinensis) é a árbore que dá a laranxa. Pertence ao xénero Citrus, que forma parte da familia das Rutáceas. Trátase dunha árbore de porte mediano -mais en óptimas condicións de cultivo chega até os 13 mts. de altura- , perenne, de copa grande, redonda ou piramidal, con follas ovais de entre 7 a 10 cm. de marxe enteira e frecuentemente estipuladas, e ramas en ocasións con grandes espiñas (máis de 10 cm.). As súas flores brancas, denominadas azar, nacen isoladas ou en acios e son sumamente fragrantes.
Hai grande cantidade de variedades diferentes, fundamentalmente pola calidade do froito e o sabor, que varía do doce ao ácido. A especie C. aurantium produce laranxas amargas utilizadas para a elaboración dalgúns licores, marmeladas e confituras.
É orixinario da China, traído a occidente polos árabes.
Dáse en climas temperados e cálidos, e en España cultívase sobre todo na zona do Levante, onde se acostuman regar por inundación unhas tres veces ao ano. Non soporta as xeadas prolongadas por debaixo de 0°.
A este mesmo xénero pertencen o limón, a mandarina, o pomelo, a lima, o kumquat...