Liga ACB
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A ACB é a liga de baloncesto profesional de España. Está considerada como a segunda mellor en canto a calidade mundial, tan só detrás da NBA, e a un nivel similar ao da Lega italiana.
Foi creada en 1983 como máxima competición nacional, substituíndo á Liga Nacional de Baloncesto disputada ata entón, e organizada pola Federación Española de Baloncesto. Está formada por 18 equipos que xogan unha liga na que cada equipo enfróntase dúas veces a tódolos demais (partido de ida e partido de volta), á que se denomina liga regular.
Os 7 equipos que lideran a clasificación trala primeira volta, máis un equipo anfitrión da cidade onde se celebre, enfróntanse na Copa do Rei de Baloncesto que se disputa en partidos únicos eliminatorios (cuartos de final, semifinais e final) nunha mesma sé todos eles, disputando o torneo nun único fin de semana entre os mellores equipos, o que lle da espectacularidade e emoción a esta competición.
Ao final da tempada regular da liga, os 8 equipos que máis partidos gañen enfróntanse no Play Off, isto é, emparellanse eses oito equipos dacordo coa súa clasificación na liga regular, e disputan eliminatorias ao mellor de 5 partidos. Os primeiros clasificados teñen vantaxe de campo e os emparexamentos fanse favorecendo a clasificación da tempada regular, é dicir, o primeiro xoga co oitavo, o segundo co sétimo, o terceiro co sexto e o cuarto co quinto. O gañador da final destas eliminatorias é proclamado campión da ACB.
O gran dominador da Liga ACB desde a súa fundación, en 1983, foi o Barcelona, que gañou 11 das 22 edicións celebradas.
Desde a creación da mesma, só cinco equipos disputaron tódalas edicións: Barcelona, Real Madrid, Joventut, Estudiantes e Baskonia.
En 1991 a ACB foi unha das asociacións impulsoras e fundadoras da ULEB, a Asociación de Ligas Europeas de Baloncesto, que deu lugar á creación da Euroliga e a Copa ULEB, competicións independentes da FIBA.
O presidente da ACB é o catalán Eduardo Portela que, á súa vez, preside a ULEB desde 1998.
Índice |
[editar] Equipos da ACB (tempada 2006/07)
|
|
|
|
[editar] Palmarés
- 11 títulos: FC Barcelona.
- 7 títulos: Real Madrid.
- 2 títulos: Joventut de Badalona.
- 1 título: TDK Manresa, Tau Vitoria, Unicaja Málaga.
[editar] Historial
Tempada | Campión | Subcampión | Resultado | MVP da Liga | MVP da final | Adestrador campeón |
---|---|---|---|---|---|---|
2005-2006 | Unicaja Málaga | Tau Vitoria | 3-0 | ![]() |
![]() |
![]() |
2004-2005 | Real Madrid | Tau Vitoria | 3-2 | ![]() |
![]() |
![]() |
2003-2004 | FC Barcelona | Estudiantes | 3-2 | ![]() |
![]() |
![]() |
2002-2003 | FC Barcelona | Pamesa Valencia | 3-0 | ![]() |
![]() |
![]() |
2001-2002 | Tau Vitoria | Unicaja Málaga | 3-0 | ![]() |
![]() |
![]() |
2000-2001 | FC Barcelona | Real Madrid | 3-0 | ![]() |
![]() |
![]() |
1999-2000 | Real Madrid | FC Barcelona | 3-2 | ![]() |
![]() |
![]() |
1998-1999 | FC Barcelona | Caja San Fernando | 3-0 | ![]() |
![]() |
![]() |
1997-1998 | TDK Manresa | Tau Vitoria | 3-1 | ![]() |
![]() |
![]() |
1996-1997 | FC Barcelona | Real Madrid | 3-2 | ![]() |
![]() |
![]() |
1995-1996 | FC Barcelona | Caja San Fernando | 3-0 | ![]() |
![]() |
![]() |
1994-1995 | FC Barcelona | Unicaja Málaga | 3-2 | ![]() |
![]() |
![]() |
1993-1994 | Real Madrid | FC Barcelona | 3-0 | ![]() |
![]() |
![]() |
1992-1993 | Real Madrid | Joventut | 3-2 | ![]() |
![]() |
![]() |
1991-1992 | Joventut | Real Madrid | 3-2 | ![]() |
![]() |
![]() |
1990-1991 | Joventut | FC Barcelona | 3-1 | --- | ![]() |
![]() |
1989-1990 | FC Barcelona | Joventut de Badalona | 3-0 | --- | --- | ![]() |
1988-1989 | FC Barcelona | Real Madrid | 3-2 | --- | --- | ![]() |
1987-1988 | FC Barcelona | Real Madrid | 3-2 | --- | --- | ![]() |
1986-1987 | FC Barcelona | Joventut | 3-1 | --- | --- | ![]() |
1985-1986 | Real Madrid | FC Barcelona | 2-0 | --- | --- | ![]() |
1984-1985 | Real Madrid | Joventut | 2-1 | --- | --- | ![]() |
1983-1984 | Real Madrid | FC Barcelona | 2-1 | --- | --- | ![]() |
[editar] Récords da ACB
[editar] Xogadores
- Títulos: Ferran Martínez, 7.
- Finais disputadas: Ferran Martínez, 9.
- Partidos: Rafael Jofresa, 758.
- Minutos: Joan Creus, 20.218 minutos en 585 partidos.
- Puntos: Alberto Herreros, 9.454 puntos en 616 partidos.
- Rebotes: Granger Hall, 4.276 rebotes en 433 partidos.
- Asistencias: Pablo Laso, 2.901 asistencias en 623 partidos.
- Triples: Alberto Herreros, 1168 triples en 616 partidos.
- Tapóns: Fernando Romay, 674 tapóns en 415 partidos.
- Balóns recuperados: Pablo Laso, 1.208 recuperación en 623 partidos.
[editar] Adestradores
- Títulos: Aíto García Reneses, 9 títulos ACB.
- Tempadas: Manel Comas, 21 tempadas.
[editar] Véxase Tamén
- Liga Nacional de Baloncesto
[editar] Ligazóns Externas
- ACB.COM, páxina oficial da ACB (en castelán)