Lingua oficial
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Lingua oficial é a lingua consagrada na constitución dun país, estado ou outro territorio como a lingua adoptada nese país, estado ou territorio.
Só cerca de metade dos países do mundo teñen linguas oficiais. Algúns teñen só unha lingua oficial, caso de Portugal, do Brasil e dos PALOPs, outros teñen máis de unha, casos de Timor-Leste, país no que son oficiais o português e o tetum, ou, fora do espazo lusófono, de países como a Bélxica, Suiza, África do Sur ou Paraguai, entre outros.
Algúns países atribuen aínda estatuto de lingua oficial a certas línguas en partes do seu territorio. Esas linguas son linguas co-oficiais nesas áreas, coexistindo alí coa(s) lingua(s) oficial(is) do país. É o caso, en España, do galego (na Galiza), do basco (no País Basco e en Navarra) e do catalán (na Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana), é o caso do portugués e do inglés na República Popular da China, co-oficiais, respectivamente, en Macau e Hong Kong, e é o caso do mirandés en Portugal, co-oficial na Terra de Miranda.