Maruxiña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coccinella septempunctata | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||
![]() |
||||||||||
Clasificación Científica | ||||||||||
|
A maruxiña, reirrei ou xoaniña é un insecto coleóptero dos coccinélidos. Os cocinelídeos posúen corpo semiesférico, cabeza pequena, patas moi curtas e as membranosas moi desenvolvidas, protexidas por unha carapa quitinosa. Hai cerca de 4500 especies dentro deste grupo, distribuídas en 350 xéneros, distinguíbeis polos padróns de cores e pintas da carapa. O reirrei ou xoaniña ten o corpo globoso, xeralmente negro, cos élitros vermellos ou amarelos, con puntos escuros. As súas larvas e adultos nútrense de pulgóns.
As xoaniñas son predadores no mundo dos insectos e aliméntanse de afídeos, moscas da froita e outros tipos de insectos. Xa que a maioría das súas presas causa estragos ás colleitas e plantacións, as xoaniñas considéranse benéficas por parte dos agricultores, razón pola cal C. septempunctata foi introducida en Norteamérica para combate-las pragas deses parasitos das plantas.