Menachem Begin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Menachem Begin (1913 - 1992) foi un político israelí, converteuse o 6º primeiro ministro de Israel en maio de 1977, baixo o acobillo do presidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter, Begin negociou en 1978 os acordos de Camp David co presidente de Exipto, Muhammad Anwar Al-Sadat polos que Israel devolveu a península de Sinaí a Exipto. Por estes acordos Begin e Sadat recebiron o Premio Nobel da Paz en 1978.
Beguin naceu en Brest-Litovsk (entón en Polonia, hoxe en Bielorrusia), educado no sionismo polo seu pai, estudou nun colexio hebreo e nun liceo polaco e aos 16 anos entrou no movemento sionista Betar, creado por Vladimir Jabotinski, e dende 1939 foi lídera da organización polaca de Betar. Ao comezo da Segunda Guerra Mundial refuxiouse en Vilnius ata que en 1940 a NKVD soviética arrestouno e enviouno a un campo de traballo de Siberia, liberado en 1941 despois do acordo Sikorski-Mayski uniuse ás forzas polacas libres establecidas na URSS e baixo o mando de Wladyslaw Anders, en 1942 como soldado desa unidade chega a Israel, pero acaba incorporándose ao Irgún, o brazo armado e clandestino do sionismo revisionista, converténdose no seu líder en 1947, e máximo responsable da destrución do hotel King David, cuartel xeneral das forzas británicas en Palestina, no que morreron 100 persoas e ao ataque á aldea palestina de Dir Yassin. Trala creación do Estado de Israel funda Herat, que máis tarde se convertería no partido dominante do Likud, que quedou fóra da corrente xeral do sionismo, defendendo un Israel antisocialista e territorialmente máis grande.
Como primeiro ministro, Begin, foi o artifice do acordo de paz con Exipto que supuña a devolución do Sinaí a Exipto e do desmantelamento dos asentamentos xudeus da zona. A pesar do plan de paz establecer unha autonomía palestina, Begin, non a aplicou, o que supuxo a dimisión dos seus ministros, Moshé Dayán e Ezer Weizman.
En 1982 Begin autorizou a entrada das Forzas Armadas Israelís no Líbano, esta presenza dividiu fondamente á opinión pública israelí e foi unha das causas da dimisión de Begin en agosto de 1983, xunto coa morte da súa dona, Aliza.