Mitsubishi A6M
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mitsubishi A6M Reisen | |
---|---|
![]() |
|
Un Zero exhibido en Tokio | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Mitsubishi |
Deseñado por | Jiro Horikoshi |
Primeiro vóo | 1 de abril de 1939 |
Introducido | setembro de 1940 |
Construídos | 10.450 |
O Mitsubishi A6M Reisen (caza cero, o famoso Zero xaponés) foi un caza monopraza xaponés usado durante a Segunda Guerra Mundial. Foi o sucesor do A5M e un dos avións máis decisivos das primeiras fases da Segunda Guerra Mundial. Voou por vez primeira en abril de 1939 e entrou en servizo no verán de 1940. Foron construídos 10.450 exemplares e foi alcumado "Zeke" polos aliados.
[editar] Historia
O A6M foi deseñado polo enxeñeiro de Mitsubishi Jiro Horikoshi, que despois da entrada en servizo do seu antecesor, o A5M, decidiu crear un caza con mellores prestacións de velocidade e alcance.
O seu primeiro prototipo, denominado A6M1, realizou o seu primeiro vóo o día 1 de abril de 1939, e foi seguido pouco despois polo A6M2, que demostrou unhas prestacións superiores ás agardadas pola Armada Imperial do Xapón. Oficialmente a súa denominación era Caza Embarcado Modelo 11 Tipo 0 da Armada, pero foi máis coñecido polos xaponeses como "Reisen", a abreviación de rei (cero) e sentoki (caza). Os aliados poríanlle o nome en código "Zeke", pero sería famoso polo nome de Zero.
Os primeiros avións de preserie despregáronse en China e conseguirían as súas primeiras victorias en combate o 13 de setembro de 1940, derrubando ese día 27 avións inimigos sen sufrir ningunha baixa. Ao final da guerra contra China, os A6M xaponeses conseguiran acabar con 99 avións chineses perdendo unicamente dous, derrubados pola artillería antiaérea.