Nauru - Naoero
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema nacional: God's Will First | |||
Línguas oficials | Nauruano, Inglés | ||
Capital | Yaren (non oficial) | ||
Cidade máis grande | - | ||
Presidente | Ludwig Scotty | ||
Área Total - % auga |
21 km² ? % |
||
Poboación estimada | 13.049 (2005) | ||
Independencia | |||
Moeda | Dólar da Australia | ||
Hora | UTC +12 | ||
Himno nacional | Nauru Bwiema | ||
TLD (Internet) | .NR | ||
Código telefónico | +643 |
A Republica da Nauru é un país da Oceanía. É un dos máis pequenos países do mundo, resumindose a unha pequena illa da Micronesia, relativamente isolada, anteriormente coñecida como Pleasant Island. Os territorios máis próximos son Quiribati, a leste, as Illas Marshall, ao nordés, as Illas Salomón, a sudoeste, a Papúa-Nova Guinea, a sudoeste, e os Estados Federados de Micronesia, a noroeste.
Nauru é o único país do mundo que non ten oficialmente unha capital; Yaren é a maior cidade e onde se atopa a administrazón do país.
A illa ten un centro de detención de persoas que procuran asilo na Australia, que é parte da súa “Solución Pacífica”.
Índice |
[editar] Historia
Nauru tivo unha poboación orixinal de orixe Polinesia e Melanesia. O primeiro europeo a visitar a illa foi o capitán John Fearn, en 1798, mais Nauru continuou como un reino independente ata ser anexada pola Alemaña en 1888, que a xuntou á súa colonia da Nova Guinea Alemá.
A seguir á Primeira Guerra Mundial, Nauru ficou como un protectorado da Liga das Nacións administrada pola Australia desde 1920 e, a partir de 1947, por mandato das Nacións Unidas. Obtivo a independencia en 1968.
Nauru é membro da Commonwealth desde 1968 e das Nacións Unidas desde 1999.
[editar] Política
O Parlamento de 18 membros é eleito de 3 en 3 anos e elexe un presidente dentre os seus membros e este, por súa vez, nomea un gabinete de 5-6 membros. O Presidente é o xefe de estado e de goberno. Non hai un sistema de partidos políticos organizado, mais existe un “Democratic Party” e o “Nauru Party”.
O actual presidente, Ludwig Scotty, foi eleito o 29 de Maio de 2003 e, o 1 de Outubro de 2004, declarou o estado de emerxencia e disolveu o parlamento cando este rexeitou a aprobar o orzamento proposto para o estado.
O 1 de Xuño de 2005 Nauru cortou relacións diplomáticas coa República Popular da China e reestableceu lazos con Taiwan.
O país está ainda envolvido nun proceso xudicial que a Australia levantou contra os Estados Unidos da América relativo a un acordo secreto. Nauru afirma que axentes representando o goberno dos Estados Unidos ofreceron bilións de dólares para a recuperazón económica da illa, en troco de nova lexislación limitando a lavaxe de diñeiro e a evasión fiscal, alén de propor o estabelecimento dunha embaixada nauruana "fantoche" na China, que funcionaría baixo control dos Estados Unidos para albergar cientificos e dirixentes da Corea do Norte que quixesen fuxir daquel país, entre os cais Kyong Won-ha, o cientifico supostamente responsable do programa nuclear de Pyongyang, nunha iniciativa, chamada "Operation Weasel". Cando se descobriu que Nauru estaba realmente a rever a súa lexislación e tiña encetado os preliminares para o establecimento da embaixada (que atraiu suspeitas na China, visto que o seu persoal era enteiramente occidental), os Estados Unidos responderon que os axentes que tiñan feito a proposta non tiñan a respectiva autoridade e negaron a Nauru a prometida axuda. O caso non está ainda pechado e os xulgamentos preliminares favoreceron Nauru.
[editar] Subdivisións
Nauru está dividido administrativamente en 14 distritos.
- Aiwo
- Anabar
- Anetan
- Anibare
- Baiti
- Boe
- Buada
- Denigomodu
- Ewa
- Ijuw
- Meneng
- Nibok
- Uaboe
- Yaren
[editar] Economía
A riqueza de Nauru, desde o tempo da colonización, estaba nos fosfatos, mais as reservas están prácticamente esgotadas, alén dos mercados tradicionais deste produto estaren tamén en baixa. Sen embargo, as exportacións daquel produto deron aos nauruanos, durante algun tempo, un dos máis altos rendimentos per capita do Terceiro Mundo. Con esta receita, o goberno de Nauru construiu en Melbourne, na Australia, un dos edificios máis altos daquela cidade, que foi outra importante fonte de rendimentos mais, infelizmente, a má xestión e a corrupción levaron a un endebedamento excesivo, que levou o goberno de Nauru a vender aquel edificio por máis de 150 millóns de US$.
Nos anos 90, Nauru introduciu o sistema de paraíso fiscal e tornouse axiña nun dos destinos favoritos para diñeiro suxo da mafia rusa, chegando a conseguir un “capital” de preto de 70 bilións de dólares, segundo unha estimativa do Banco Central da Federazón Rusa. Isto levou a OECD a identificar Nauru como un dos 15 paraísos fiscais que non cooperaban na loita contra a lavaxe de diñeiro. coa lexislación internacional reforzada contra estas operacións, tamén esta “riqueza” está cos dias contados.
[editar] Vexa tamén
[editar] Ligazóns Externas
- http://www.un.int/nauru/ en inglés
Países do mundo | Oceanía |
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Nauru | Nova Celandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Quiribati | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu |
Países con parte do seu territorio en Oceanía |
Países semiautónomos e estados libres asociados |