Paolo Rossi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paolo Rossi | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Paolo Rossi | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 23 de setembro de 1956 | ||
Lugar de nacemento: | Santa Lucía (Toscana), Italia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | |||
Posición: | Posicións no FútbolDianteiro Centro | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | 48 | ||
Goles: | 20 (selección) | ||
Ano do debut: | |||
Clube do debut: | Como | ||
Ano do retiro: | 1987 | ||
Clube do retiro: | Verona |
Paolo Rossi (nado o 23 de setembro de 1956) é un ex-futbolista italiano. No ano 1982, levou á Italia a conquista-lo título mundial por terceira vez.
Anotando seis goles fíxose coa Bota de Ouro (Mundial de Fútbol) e co Balón de Ouro (Mundial de Fútbol). Ata o de agora é o único xogador en gaña-los tres premios nunha soa competición.
Índice |
[editar] Carreira
[editar] Os comezos
Rossi naceu en Santa Lucía, Provincia de Prato, na Toscana.
O seu debú profesional prodúcese no Como, equipo ao cal a Juventus o enviara para que fora collendo experiencia.
Pouco despois chega ao Vicenza. Na tempada 1976-77 o goles de Rossi levan á escadra á primeira división italiana, a Serie A. Ao ano seguinta anota 24 goles, polo que é chamado para a selección que desputa o Mundial de Fútbol Arxentina 1978. Aquí Paolo Rossi confírmase coma un dos grandes goleadores daqueles tempos.
En 1979 o Vicenza descende á Serie B, e o xogador é cedido ao Perugia.
[editar] Escándalo
Na súa estancia no Perugia veuse involucrado nun escádalo de apostas, o chamado (Totonero)), co resultado de que Rossi foi suspendido por dous anos. El sempre dixo que era inocente e que esta condea era unha inxustiza. No seu libro "Ho fatto piangere il Brasile" unha das persoas que o acusaran admite que os cargos que se lle imputaron eran unha invención.
[editar] Mundial de 1982
Rossi volta da suspensión xusto a tempo para desputa-lo Mundial de Fútbol España 1982, mais tanto a prensa coma os siareiros italianos concidían en que estaba nun pobre estado de forma. E dende logo nos tres primeiros encontros non lles deu motivo para mudaren a súa opinión.
O adestrador italiano, Bearzot, seguíu a confir nel cara a segunda fase do torneo, ande se enfrontarían á Arxentina e ó Brasil, o favorito para facerso co campionata. Aquel Brasil contaba cunha morea de estrelas coma Zico, Sócrates, Falcao... Mais Rossi respondeu ao desafío. Marcou os tres goles na vitoria contra o Brasil por 3-2.
Nas semifinais, contra Polonia marcou outros dous goles, e na final contra a Alemaña anotou o primeiro gol. Italia remataría gañando a final por 3-1.
Os seus méritos neste mundial outorgáronlle o Balón de Ouro de 1982.
[editar] Últimos anos
En 1982 vai para a Juventus onde consegue gañar unha Recopa en 1984 e a Copa de Europa en 1985.
Pouco despois pasou polo AC Milán e finalmente remata os seus dias de futbolista no Verona, onde se retia en 1987.
Na actualidade adícase á construcción.
Foi nomeado por Pelé coma un dos 125 mellores futbolsitas vivos.