Parc Güell
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Parque Güell (Parc Güell), é o resultado actual dunha fallida operación urbanística que tentaba crear unha cidade xardín ó estilo inglés de acordo coas tendencias do momento que procuraban o contacto coa natureza.
O proceso iniciouse no 1899 coa compra da finca de Can Montaner por parte do financeiro Eusebi Güell, e, un ano máis tarde, co encargo do estudio desta iniciativa a Antoni Gaudí, seguindo no 1902 coa compra dunha segunda finca, propiedade de Ramon Coll i Pujol.
A construción do parque tivo lugar entre os anos 1901 e 1904, ocupando unha superficie dunhas 15 hectáreas de terreo aproximadamente e nun emprazamento situado entre 150 m. e 200 m. de altitude cunha topografía moi accidentada.
Adquirido polo Concello de Barcelona foi convertido en parque público o 1922, declarado de interese artístico no 1969 e patrimonio mundial por parte da UNESCO o ano 1984.