Polo Norte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Denomínase Polo Norte a aquel que se localiza ó extremo norte dun planeta. É o lugar onde o eixo de rotación do planeta corta a superficie. Tódoos planetas e satélites posúen un polo norte que se define desta maneira e que no é necesariamente perpendicular ó eixo de traslación (por exemplo, na Terra forma un ángulo de 23,5º e en Urano 90º).
Os compases non apuntan ó polo norte xeográfico senón ó polo sur magnético (si, non é un erro), definido como o lugar onde o campo magnético é perpendicular á superficie, polo que en latitudes altas son bastante imprecisas.
O polo norte terrestre está situado no Océano Glacial Ártico e distínguense catro polos: o magnético, o xeográfico, o xeomagnético e o histórico. Robert Edwin Peary foi o primeiro explorador que chegou ó polo Norte, en 1909, xunto ó seu asistente Matthew e catro esquimós.
O polo sur magnético terrestre está situado a uns 1.600 km do polo norte xeográfico, cerca da illa de Bathurst, na parte setentrional de Canadá, no territorio de Nunavut. Este lugar cambiou continuamente ó longo do tempo, e en numerosas ocasións estivo situado no hemisferio sur debido ás inversións periódicas do campo magnético terrestre. Un compás situado horizontalmente neste polo apuntaría a calquera dirección.