Pomerania - Pomorze
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rexión histórica de Europa, formando parte do que actualmente son Alemania e Polonia. Nun inicio terra de pobos eslavos, foi colonizada pouco a pouco por invasores xermánicos, até rematar formando parte do reino de Prusia a mediados do séxulo XVII. A súa historia vai moi ligada a unha minoría falante de caxubo, que conforma a rexión de Caxubia.
A parte oriental foi asignada a Polonia trala Segunda Guerra Mundial, xunto con outros territorios con poboación mesturada entre polacos e alemáns. Actualmente, a pomerania occidental forma parte do estado federal alemán de Mecklenbugo - Pomerania Occidental, e ten unha poboación de 595.888 habitantes segundo datos de 2001, nunha extensión de 8.701 quilómetros cuadrados. A Pomerania polaca ten 59.164 quilómetros cuadrados e unha poboación de 6.025.877 habitantes.
A súa principal cidade e Gdansk ou Danzig, protagonista dunha resolución do tratado de París que a converteu en cidade libre antes de volver a ser ocupada pola alemania nazi en 1939.