Quilombo dos Palmares
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Quilombo dos Palmares foi posíbelmente o máis grande quilombo xa formado no Brasil, sendo dirixido polo escravo fuxido Ganga Zumba, e despois por seu sobriño, o cal ficou coñecido por Zumbi ou Zumbi dos Palmares.
Quilombo é unha palavra de orixe africana da lingua quimbundu que pasou a designar no Brasil os locais de vivenda e de resistencia dos escravos que fuxían das plantacións e do dominio de seus señores. Morando xuntos ou próximos e baixo a organización de un líder, les posibilitava enfrentar con armas os mercenários dos señores de terras (chamados capitães do mato) e ata mesmo tropas organizadas. No caso de Palmares, o Quilombo era composto por varias aldeas, algunhas separadas por quilómetros de distancia. Non era unha grande aldea superpoboada, como se costuma imaxinar.
Índice |
[editar] Comezo do Quilombo dos Palmares
Os primeiros rexistros do Quilombo son de 1580 e dan conta de pequenos acampamentos formados por escravos fuxitivos na rexión da Serra da Barriga, un local de acceso relativamente difícil, que era usado polos ex-escravos para esconderse.
Pero o crecemento dese quilombo comezou a darse cando, debido á Unión Iberica (na cal Portugal e súas colónias pasaron ó dominio de Filipe II de España), o comercio de azucre cos holandeses foi perxudicado, e estes decidiron invadir o Nordeste brasileiro. Coa invasión, moitos escravos aproveitaron para fuxir, mentres outros receberon a promesa de libertación caso loitasen contra os invasores holandeses.
[editar] A estruturación
O quilombo tornouse primeiramente un local de resistencia ó invasor holandés, baixo a lideranza de Ganga Zumba. Creceu ó ponto de estenderse desde o Cabo de Santo Agostinho, en Pernambuco ata o río São Francisco, nunha área coberta por palmeiras (por iso o nome Palmares). Os escravos organizaron un verdadeiro estado, nos moldes africanos, con o quilombo constituído por varias poboacións, gobernado por lideres locais baixo a xefatura suprema de Ganga Zumba.
Despois da expulsión dos holandeses en 1654, novos escravos foron trazidos ó Brasil para as plantacións de cana de azucre. Estes, cando fuxían, refuxiavanse en Palmares. Así, as incursións de señores de terras e de tropas en busca deses escravos no quilombo tornaronse freqüentes. Os quilombolas (moradores do quilombo) puderon enfrentar estes ataques grazas á sua organización de loita, creada por Ganga Zumba, na forma de guerrillas.
O sobriño de Ganga Zumba, Zumbi (nado talvez en 1655 no entón quilombo) foi capturado aínda xoven polos portugueses para ser escravo, pero máis tarde, con uns 15 anos de idade, conseguiu fuxir. Por iso, non tiña confianza na palabra dos portugueses.
En 1677, Fernão Carrillho ofreceu un tratado de paz ós quilombolas, recoñecendo a liberdade dos nados no quilombo e dándoles a pose de unhas terras pouco férteis, dende que aceitasen o dominio portugués. A oferta provocou unha grande división no seo do quilombo, pois a maioría non o aceitou, pero algúns sí. Esa división culminou co envenenamento de Ganga Zumba e a asunción de seu irmán Ganga Zona, aliado dos brancos portugueses. Pero isto non pos fín ó conflito, e a maioría dos negros volveu a Palmares, xa baixo a lideranza de Zumbi, polo recoñecimento de seu valor persoal e combatividade.
[editar] A lideranza de Zumbi
Inicialmente Zumbi substituiu a defensiva tática de guerrilla por unha estratéxia de ataques de sorpresa constantes ás plantacións de cana, libertando escravos e apoderandose de armas e outros materiais que pudesen ser úteis para novos ataques.
Co tempo comezou a desenvolverse un comercio entre quilombolas e colonos, de tal forma que estes ultimos chegaron a alugar terras para plantar e trocar alimentos por munición e armas cos negros. Son atribuidas a Zumbi unha grande intelixencia e habilidade para guiar o seu pobo, tanto na frente de batalla canto na administración do Quilombo.
[editar] O fin
Diante desa prosperidade, a coroa tiña que tomar algunha medida imediata para afirmar seu poder na rexión. Nunha carta á coroa portuguesa, o gobernador-xeral da rexión confidencia que os Quilombos eran máis dificeis de vencer ata mesmo que os holandeses.
Despois de varios ataques relativamente infrutiferos contra o quilombo, o gobernador-xeral contratou o experiente bandeirante Domingos Jorge Velho para conter e exterminar de vez a ameaza dos escravos fuxitivos na rexión. Mesmo Jorge Velho tuve grandes dificuldades para vencer as táticas dos quilombolas, máis elaboradas que a dos indios contra os cais loitara. Tamén encontrou problemas para contornar a inimizade criada com os colonos da rexión, que forom algunhas veces roubados por súas tropas.
En xaneiro de 1694 despois de un ataque frustrado, o seu exército comezou unha campaña vitoriosa que terminou coa morte de Zumbi en 20 de novembro de 1695, despois de unha emboscada. Zumbi foi decapitado e súa cabeza exposta como un troféo.
A resistencia de Palmares continuou despois durante algúns anos, con pequenos focos de guerrilla. En 1710 foi completamente erradicado.