Escravitude
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para o artigo referido ao lugar do concello de Padrón chamado A Escravitude, véxase A Escravitude, Cruces, Padrón.
O termo escravitude designa a condición social do escravo, un traballador non libre e, polo xeral, non remunerado, que é xuridicamente a propriedade doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a escravitude ou escravismo é o sistema socio-económico fundado sobre o mantemento e a explotación de persoas en ditas condicións.
Os escravos están obrigado a obedecer todas as ordes do seu amo desde o momento en que adquiren tal condición (sexa desde o nacemento ou noutro calquer momento da súa vida no que se efectuase o paso ao estado de escravo) ata o cesamento de tal estatus (por morte ou por ser liberado).
En tanto que propiedade, o escravo pode ser obxecto das transferencias inherentes á noción de propiedade: pode ser comprado, vendido e aínda alugado.
O escravo distínguese do captivo ou do forzado, condicións próximas polo estado de explotación, e da besta de carga, por un estatus xurídico propio, determinado polas regras e as leis en vigor no país e época considerada.
Índice |
[editar] Definicións
[editar] Etimoloxía
O termo "moderno" escravitude ven do latín medieval sclavus deformación de slavus (eslavo), do grego sklabos. A palabra «escravo» aparecería na Alta Idade Media en Venecia, onde a maioría dos escravos eran eslavos procedentes dos Balcáns (rexión que por longo tempo foi chamada «Esclavonia» e da que parte, denominada aínda Eslovenia, accedeu recentemente á independencia).
En Roma onde se practicaba a escravitude, o latín dispuña evidentemente dun termo para designar o escravo: servus, de onde proceden os vocábulos servil e servilismo (relativos ao escravo e a súa condición), así como servo, tan difundido na Idade Media e os modernos servicio, servidor, etc., con cambios de sentidos na súa evolución. O termo servidume úsase actualmente en sentido especializado, restrinxíndose para as formas medievais e outras similares en diferentes épocas, e diferénciase da escravitude, por canto se entende que os servos tiñan certos dereitos.
[editar] Definición da R.A.G.
O Diccionario da Real Academia Galega define escravitude como condición ou estado de escravo. E define o escravo así: persoa que non goza de liberdade cívica , que está baixo a dependencia total dun xefe ou dun Estado. Engade outras definicións figuradas.
[editar] Definicións xurídicas
Varios documentos internacionais propoñen definicións da escravitude:
- A Convenciónn relativa á escravitude (1926) da Sociedade de Nacións dispón no seu primeiro artigo que "A escravitude é o estado ou condición dun individuo sobre do cal se exercen as atribucións do dereito de propiedade ou algunhas de entre elas". O artigo define tamén a trata de escravos como "todo acto de captura, adquisición ou cesión dun individuo con vistas a reducilo á escravitude; todo actode adquisición dun escravo conn vistas a vendelo ou trocalo; todo acto de cesión por venta ou troca dun escravo adquirido con vistas a ser vendido ou trocado, así como, en xeral, todo acto de comercio ou transporte de escravos".
- A Organización Internacional do traballo adoptou en 1930 unha definición de traballo forzado que se pode achegar á de escravitude: "o termo traballo forzado ou obrigatorio designará todo traballo ou servicio esixido a un individuo sob a ameaza dunha pena calquer e para o cal o dito individuo non se ofrecera de grao pleno".
- A Convención sobre a abolicición da Escravitude (1956) da ONU remite á definición de 1929, engadindo ao artigo primeiro a lista de varias "institucións e prácticas análogas á escravitude", así: servidume por débedas, servidume, matrimonio forzado, etc.
[editar] Historia da escravitude
Ver artigo principal Historia da escravitude
[editar] Abolicionismo e abolicións
Aínda que hai precedentes antigos de abolicionismo do escravismo, os intentos só lograrán éxito a partir de fins do século XVIII e comezos do XIX. De modo, que algúns estudiosos, ligan este éxito á difusión do maquinismo como consecuencia da Revolución industrial.
Un dos primeiros intentos é o do Imperio de Mali, que prohibe a escravitude no século XIII, sob o goberno de Sundiata Keita, mais é restabelecida polo pachá marroquino Djuder en 1591 (sería de novo abolida en 1891 logo da ocupación colonial polos franceses).
En Europa foi Portugal o primeiro país que abolíu a escravatura, para o seu territorio continental, illas atlánticas de Azores e Madeira e feitorías indias de Goa e Diu, por un decreto de 12 de febreiro de 1761 emitido polo Marqués de Pombal. Porén sería mantida nas súas colonias africanas e americanas.
Na Franza, o 16 de pluvioso do ano II (14 de febreiro de 1794), a Convención votou a abolición do escravismo nas colonias francesas (ou nas que aínda quedaba). Esta medida será anulada por Napoleón Bonaparte.
En 1833 é abolida pola Gran Bretaña e en 1847 polo Imperio Otomano. De novo na Franza en 1848 se emite un novo decreto de abolición (27 de abril de 1848), que é definitivo para o seu territorio europeo.
Ao longo do século XIX os países hispanoamericanos, antigas colonias españolas, foron proclamando a abolición da escravitude nos seus respectivos territorios. A abolición total non tería lugar en Cuba ata 1886. Brasil será o último dos países latinoamericanos en abolila, aínda en 1888.
En 1865 os Estados Unidos de América adoptan a Emenda 13ª que prohibe o escravismo. Como é sabido, antes, a elección presidencial de Abraham Lincoln, que prometera dita abolición se era elixido, conducíu ao estados sureños a proclamar a secesión o que conducíu a unha cruenta guerra civil.
En dereito positivo a prohibición da escravitude está contida no artigo 4 da Convención europea de dereitos humanos na Declaración universal de dereitos humanos, no artigo 8 do Pacto de dereitos civís e políticos, ambas dúas da ONU, na Convención de Xenebra de 1926, na de Nova York de 1956, na da OIT de 1930 e 1936.
[editar] Memoria da Escravitude

[editar] Literatura
- Aphra Behn, autor de Oroonoko en 1688
- Olaudah Equiano, escravo liberado no século XVIII, autor de memorias de éxito mundial
- Harriet Beecher Stowe, renomada autora e A cabana do tío Tom (Uncles Tom's Cabin)
- William Wells Brown, con a súa novela Clotel
- Kyle Onstott, autor da novela Mandingo
- William Styron, autor de Confesións de Nat Turner, Premio Pulitzer de 1967
- Alex Haley, autor da novela Roots: The Saga of an American Family (1976)
- Toni Morrison, principalmente na súa novela Beloved, Premio Pulitzer de 1988
[editar] Filmes
- Owen 'Alik Shahadah, "500 Years Later", 2005
- Haile Gerima, "Sankofa", 1993
- Sergio Giral, "Cimarrón", 1967
- Marlon Brando, "Burn!", 1969
- Sergio Giral, "El Otro Francisco", 1975
- Tomas Gutierrez Alea, "La Última Cena", 1976
- "Maluala", 1979
- Carlos Diegues, "Quilombo", 1984
- Gene Hackman, "Mississippi Burning", 1988
- Julie Dash, "Daughters of the Dust", 1991
- Stanley Kubrick, "Spartacus", 1960
- Jonathan Demme, "Beloved", 1998
- Michael Apted, "Amazing Grace", 2006
- Charles Burnett, "Nightjohn", 1996
- Steven Spielberg, "Amistad", 1997